New Activity
Play Quiz
1. 
O currículo dos ciclos formativos incorporará un módulo profesional de lingua estranxeira naqueles ciclos formativos en que así se dispoña na norma pola que se establece o título.
A.
ORDE do 24 de xuño de 2008 pola que se desenvolve a organización e o currículo das ensinanzas de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
B.
DECRETO 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia.
C.
DECRETO 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.
2. 
A lingua castelá ou a lingua cooficial só se utilizarán como apoio no proceso de aprendizaxe da lingua estranxeira. Priorizaranse a comprensión e a expresión oral.
A.
ORDE do 6 de setembro de 2007 pola que se desenvolve a implantación da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
B.
Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
C.
Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa
3. 
O consello escolar é o órgano de participación no control e goberno das escolas oficiais de idiomas por parte dos distintos sectores da comunidade educativa
A.
ORDE do 8 de setembro de 2008 pola que se regula a avaliación e cualificación do alumnado que cursa as ensinanzas especializadas de idiomas de réxime especial que se establecen na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
B.
DECRETO 189/2010, do 11 de novembro, polo que se establece o Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia.
C.
DECRETO 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria.
4. 
Os funcionarios dos corpos de catedráticos de ensino secundario e de profesores de ensino secundario das especialidades docentes de linguas estranxeiras poderán excepcionalmente impartir ensino das linguas respectivas na etapa de educación primaria, en aplicación do disposto na disposición adicional sétima da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
A.
REAL DECRETO 1834/2008, de 8 de novembro, polo que se definen as condicións de formación para o exercicio da docencia na educación secundaria obrigatoria, o bacharelato, a formación profesional e os ensinos de réxime especial e se establecen as especialidades dos corpos docentes de ensino secundario.
B.
ORDE do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
C.
DECRETO 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria.
5. 
Os centros incluirán, en todo caso, na oferta de materias optativas a cultura clásica e obradoiro de iniciativas emprendedoras, que poderán ser cursadas no terceiro ou no cuarto curso; e a segunda lingua estranxeira, que poderá ser cursada en terceiro e en cuarto curso, tal como figura no anexo III.
A.
DECRETO 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia.
B.
ORDE do 24 de xuño de 2008 pola que se desenvolve a organización e o currículo das ensinanzas de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
C.
DECRETO 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
6. 
O alumnado dos cursos primeiro e segundo que presenten dificultades continuadas no seu proceso de aprendizaxe, e que de acordo co artigo 5.f) da Orde do 6 de setembro de 2007, non curse neses anos a materia común de segunda lingua estranxeira, será valorado, de xeito cualitativo, no progreso nas actividades de reforzo que estea desenvolvendo. Nos documentos de avaliación figurará coa mención de exenta/o.
A.
ORDE do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
B.
ORDE do 25 de xuño de 2008 pola que se establece a relación de materias optativas do bacharelato, o seu currículo e se regula a súa oferta.
C.
ORDE do 12 de maio de 2011 pola que se regulan as seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario.
7. 
Lingua Estranxeira. ESO/BTO: Licenciado en Filoloxía, Filosofía e Letras (Sección Filoloxía), Tradución e Interpretación, na lingua correspondente.Calquera titulación de Licenciado da área de Humanidades ou Graduado da rama de coñecemento de Artes e Humanidades e acreditar unha experiencia docente ou unha formación superior adecuada para impartir o currículo, e o dominio da lingua.
A.
DECRETO 189/2010, do 11 de novembro, polo que se establece o Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia.
B.
Real Decreto 860/2010, de 2 de xullo, polo que se regulan as condicións de formación inicial do profesorado dos centros privados para exercer a docencia nos ensinos de educación secundaria obrigatoria ou de bacharelato.
C.
REAL DECRETO 1538/2006, de 15 de decembro, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo.
8. 
Os centros educativos ofertarán, en calquera das modalidades que impartan, as materias optativas seguintes: música, segunda lingua estranxeira e tecnoloxías da información e comunicación.
A.
ORDE do 12 de maio de 2011 pola que se regulan os centros plurilingües na Comunidade Autónoma de Galicia e se establece o procedemento de incorporación de novos centros á Rede de Centros Plurilingües de Galicia.
B.
ORDE do 13 de xullo de 2011 pola que se regulan os programas de cualificación profesional inicial na Comunidade Autónoma de Galicia.
C.
ORDE do 25 de xuño de 2008 pola que se establece a relación de materias optativas do bacharelato, o seu currículo e se regula a súa oferta.
9. 
A Administración educativa fomentará a impartición de materias en lingua(s) estranxeira(s), principalmente en inglés, co obxectivo de que, de maneira progresiva e voluntaria, os centros educativos poidan chegar a ofrecer ata un máximo dun terzo do seu horario lectivo semanal en lingua(s) estranxeira(s).
A.
DECRETO 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.
B.
ORDE do 3 de xuño de 2011 pola que se desenvolve a normativa para o exercicio da docencia nos centros privados nas ensinanzas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional e se establece o procedemento de habilitación.
C.
DECRETO 189/2010, do 11 de novembro, polo que se establece o Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia.
10. 
Nas ensinanzas de formación profesional específica, ensinanzas artísticas e deportivas, desenvolveranse as habilidades de comunicación oral e escrita en lingua(s) estranxeira(s), de maneira progresiva e gradual, para facilitar o desempeño laboral no espazo europeo.
A.
DECRETO 77/2011, do 7 de abril, polo que se establece o Regulamento orgánico dos centros integrados de formación profesional competencia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
B.
ORDE do 6 de setembro de 2007 pola que se desenvolve a implantación da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
C.
DECRETO 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.
11. 
Para grupos de máis de 25 alumnos, na área de ciencias da natureza e as materias de física, química, bioloxía e xeoloxía, poderase desdobrar unha hora á semana para a realización de prácticas de laboratorio. Esta medida irase aplicando pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria nas materias ou áreas da lingua estranxeira en función das dispoñibilidades do profesorado e dos recursos materiais dos centros.
A.
REAL DECRETO 1834/2008, de 8 de novembro, polo que se definen as condicións de formación para o exercicio da docencia na educación secundaria obrigatoria, o bacharelato, a formación profesional e os ensinos de réxime especial e se establecen as especialidades dos corpos docentes de ensino secundario.
B.
ORDE do 1 de agosto de 1997 pola que se dictan instruccións para o desenvolvemento do Decreto 324/1996 polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria e se establece a súa organización e funcionamento.
C.
DECRETO 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia.
12. 
Para cursar unha primeira lingua estranxeira, que xa fose cursada na etapa anterior como primeira lingua, non será de aplicación o número mínimo exixido de cinco estudantes.
A.
ORDE do 13 de xullo de 2011 pola que se regulan os programas de cualificación profesional inicial na Comunidade Autónoma de Galicia.
B.
ORDE do 24 de xuño de 2008 pola que se desenvolve a organización e o currículo das ensinanzas de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
C.
ORDE do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
13. 
As Administracións educativas poderán, así mesmo, establecer sistemas nos que as materias non lingüísticas se impartan exclusivamente en lingua castelá, en lingua cooficial ou nalgunha lingua estranxeira, sempre que exista oferta alternativa de ensino sostido con fondos públicos na que se utilice como vehicular cada unha das linguas cooficiais.
A.
Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa
B.
Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
C.
ORDE do 24 de xuño de 2008 pola que se desenvolve a organización e o currículo das ensinanzas de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
14. 
Estableceranse medidas de flexibilización e alternativas metodolóxicas no ensino e avaliación da lingua estranxeira para o alumnado con discapacidade, en especial para aquel que presentar dificultades na súa expresión oral. Estas adaptacións en ningún caso se terán en conta para minorar as cualificacións obtidas
A.
Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa
B.
Real Decreto 860/2010, de 2 de xullo, polo que se regulan as condicións de formación inicial do profesorado dos centros privados para exercer a docencia nos ensinos de educación secundaria obrigatoria ou de bacharelato.
C.
ORDE do 1 de agosto de 1997 pola que se dictan instruccións para o desenvolvemento do Decreto 324/1996 polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria e se establece a súa organización e funcionamento.
15. 
Os centros plurilingües iniciarán a impartición do programa de plurilingüismo no primeiro curso de cada etapa e desenvolverano ao longo dela.
A.
ORDE do 13 de xullo de 2011 pola que se regulan os programas de cualificación profesional inicial na Comunidade Autónoma de Galicia.
B.
DECRETO 189/2010, do 11 de novembro, polo que se establece o Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia.
C.
ORDE do 12 de maio de 2011 pola que se regulan os centros plurilingües na Comunidade Autónoma de Galicia e se establece o procedemento de incorporación de novos centros á Rede de Centros Plurilingües de Galicia.
16. 
Os centros realizarán a oferta do módulo profesional de Segunda lingua estranxeira para os ciclos formativos en que así se establece no correspondente currículo, consonte os recursos dispoñibles, de entre os seguintes: alemán, francés, italiano e portugués.
A.
DECRETO 77/2011, do 7 de abril, polo que se establece o Regulamento orgánico dos centros integrados de formación profesional competencia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
B.
ORDE do 8 de setembro de 2008 pola que se regula a avaliación e cualificación do alumnado que cursa as ensinanzas especializadas de idiomas de réxime especial que se establecen na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
C.
RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional inicial no curso 2013/14.
17. 
As probas correspondentes ao nivel intermedio e avanzado serán elaboradas por equipos de redactores designados pola Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais. Estas probas elaboraranse seguindo o correspondente documento de especificacións e irán acompañadas dos solucionarios correspondentes.
A.
ORDE do 8 de setembro de 2008 pola que se regula a avaliación e cualificación do alumnado que cursa as ensinanzas especializadas de idiomas de réxime especial que se establecen na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
B.
Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
C.
DECRETO 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria.
18. 
O alumnado que no segundo curso de bacharelato desexe cambiar o idioma da materia común lingua estranxeira poderá incorporase ás ensinanzas da lingua estranxeira II coa autorización do director do centro e sempre que curse simultaneamente a materia de primeiro curso.
A.
ORDE do 5 de maio de 2011 pola que se regulan determinados aspectos relativos ao desenvolvemento do bacharelato e se complementa a normativa sobre esta etapa.
B.
ORDE do 13 de xullo de 2011 pola que se regulan os programas de cualificación profesional inicial na Comunidade Autónoma de Galicia.
C.
DECRETO 189/2010, do 11 de novembro, polo que se establece o Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia.
19. 
Módulo de competencia comunicativa e dixital II: incluirá os aspectos básicos do currículo das materias de lingua galega e literatura, de lingua castelá e literatura, e de primeira lingua estranxeira.
A.
Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa
B.
ORDE do 12 de maio de 2011 pola que se regulan as seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario.
C.
ORDE do 13 de xullo de 2011 pola que se regulan os programas de cualificación profesional inicial na Comunidade Autónoma de Galicia.
20. 
O alumnado que participe nunha sección bilingüe cursará obrigatoriamente a lingua estranxeira da devandita sección, a excepción do alumnado que estea a cursar un ciclo de formación profesional, ao abeiro do Decreto 114/2010, do 1 de xullo (DOG do 12 de xullo).
A.
ORDE do 12 de maio de 2011 pola que se regulan as seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario.
B.
REAL DECRETO 1834/2008, de 8 de novembro, polo que se definen as condicións de formación para o exercicio da docencia no ensino secundario obrigatorio, o bacharelato, a formación profesional e as ensinanzas de réxime especial e se establecen as especialidades dos corpos docentes de ensino secundario.