1
Tratado polo que se crea Austria, un Estado reducido a 84.000 km cadrados
2
Novo Estado xurdido no seo do antigo Imperio Austro-Húngaro, no que os Sudetes continuarán a ser de maioría alemana
3
Clase moi damnificada no seu prestixio social e cunha perda notable de influencia tras a Grande Guerra
4
Vella doutrina económica que foi desprazada polo intervencionismo dos Estados na economía
5
Consecuencia económica da Grande Guerra que levou á contracción dos intercambios comerciais entre Estados
6
A súa incorporación ao mundo laboral acelerouse durante a Grande Guerra, o que levaría á eclosión de demandas sufraxistas
7
Tratado polo que se crea Hungría, desmembrada do antigo Imperio Austro-Húngaro
8
Tratado asinado con Bulgaria, que perde territorios en beneficio de Grecia, Iugoslavia e Romanía
9
Tratado asinado con Turquía en 1920
10
As autoridades alemanas consideraron así o Tratado de Versailles
11
Cidade libre (1920-1939) que, baixo a tutela da SDN, gozaba dun certo protectorado económico e diplomático por parte de Polonia
12
Rexión administrada pola SDN para satisfacer as reparacións de guerra alemanas a Francia, durante 15 anos
13
Cidade libre declarada polo Tratado de Versailles, incorporada a Lituania en 1924
14
En torno a este río créase, polo Tratado de Versailles, un espazo desmilitarizado de 50 km de extensión
15
Coa decadencia da vella Europa, unha nova potencia xurde