1
É o primeiro e máis antigo período da Prehistoria. Remata co descubrimento da agricultura e da gandería.
2
Durante o Neolítico, as persoas permanecían nun lugar durante moito tempo. Eran.... (Escribe a palabra en feminino e en plural).
3
Neste período xurdiron os primeiros poboados.
4
Chamámoslle así aos monumentos que se construían no Neolítico con grandes pedras.
5
Chamámoslle así ao arte do Paleolítico que consiste en facer pinturas nalgunhas rochas e covas.
6
Nome do último período da Prehistoria en Galicia.
7
No Neolítico, cocían a arxila para fabricar obxectos de....
8
Durante o Paleolítico, as persoas desprazábanse en busca de comida. Eran ...
9
Nome dos monumentos construídos no Neolítico destinados a enterramentos individuais e colectivos.
10
Son poboados fortificados de pedra, construídos no último período da Prehistoria de Galicia.
11
Chamámoslle así aos pequenos grupos familiares que se formaron no Paleolítico.