New Activity
Play Quiz
1. 
¿A que unidade morfoestrutural corresponden as penechairas zamorano-salmantina e estremeña?
A.
Ao zócolo Hespérico ou Varisco
B.
Á depresión do Douro
C.
Á fosa bético-rifeña
D.
Ao zócolo ibérico
2. 
¿Que materiais predominan no zócolo Hespérico?
A.
As rochas sedimentarias e metamórficas
B.
Os granitos e calizas
C.
As rochas silíceas
D.
As arxilas
3. 
¿Sobre que unidades morfoestruturais atopamos preferentemente a estrutura xermánica de relevo?
A.
Sobre macizos antigos como a Submeseta Norte
B.
Sobre macizos antigos como o Sistema Ibérico
C.
Sobre macizos antigos como o Sistema Central
D.
Sobre cadeas de pregamento como as Béticas
4. 
¿Por que se caracteriza o Mesozoico?
A.
Por ser unha era de intensa actividade tectónica
B.
Por ser unha era na que acontece o pregamento alpino
C.
Por ser unha era de predominio da calma tectónica e sedimentación
D.
Por ser unha era na que acontece o pregamento hercínico
5. 
¿A que corresponde a seguinte imaxe?
A.
A un esquema de modelado arxiloso
B.
A un esquema de relevo kárstico
C.
A un esquema de modelado glaciar
D.
A un esquema de relevo en cuesta
6. 
¿Que ves na imaxe?
A.
Un antigo circo glaciar, hoxe pequena depresión, cuberta de auga; é un ibón
B.
Un antigo circo glaciar, hoxe pequena depresión, cuberta de auga; é unha morea de acumulación
C.
Un antigo circo glaciar, hoxe pequena depresión, cuberta de auga; é unha lagoa salobre
D.
un val glaciar
7. 
¿Que forma de relevo predomina no interior da Submeseta Norte?
A.
O relevo granítico
B.
As cárcavas ou badlands
C.
O relevo en cuesta
D.
O relevo tabular
8. 
Cando falamos de estrutura xurásica do relevo...
A.
Facemos alusión a estruturas pregadas con sucesión de anticlinais e sinclinais
B.
Facemos aluxión a estruturas falladas e pregadas, propias de cordilleiras intermedias
C.
Falamos de áreas nas que a erosión superficial modela cluses e combes
D.
Falamos de áreas nas que alternan horst e graben
E.
Aludimos a áreas nas que o relevo é predominantemente tabular
9. 
¿Cando tivo lugar o pregamento alpino?
A.
No Terciario
B.
Na era secundaria
C.
No Cuaternario
D.
Na era primaria
10. 
¿Que tipo de rochas predominan no núcleo axial pirenaico?
A.
Rochas graníticas
B.
Rochas calcáreas
C.
Arxilas
D.
Lavas volcánicas
11. 
¿A que modelo de relevo corresponde o do esquema?
A.
A un relevo monoclinal, en cuesta
B.
A un relevo aclinal, en cuesta
C.
A un relevo tabular
D.
A un relevo xurásico, cun anticlinal desventrado
12. 
¿A que fenómeno corresponde o esquema?
A.
Á acción erosiva dos glaciares, que modelan vales en artesa
B.
Á acción erosiva dun río na época cuaternaria, profundizando o seu cauce e creando terrazas fluviais
C.
Á acción dun cauce fluvial que acumula sedimentos e se meandriza
D.
Á acción erosiva dun cauce fluvial que crea vales en U
13. 
¿Cales das seguintes unidades morfoestruturais son rebordos da Meseta?
A.
O Sistema Ibérico
B.
Serra Morena
C.
Sistemas Béticos
D.
Depresión do Ebro
E.
Cordilleira Cantábrica
14. 
¿A que tipo de modelado corresponde o esquema?
A.
A un modelado kárstico
B.
A un modelado sobre arxilas
C.
A un modelado granítico, con cerros testemuño e campiñas
D.
A un modelado granítico, con tors, campos de bolas, domos,...
15. 
Indica cal dos seguintes grupos contén só formas kársticas:
A.
Sumidoiros, lapiaces, estalactitas, poljés e cárcavas
B.
Sumidoiros, dolinas, estalagmitas, poljés e coladas de lava
C.
Dolinas, poljés, tors, estalagmitas e tormos
D.
Torcas, uvalas, poljés, sumidoiros e estalagmitas
E.
Galaios, sumidoiros, poljés, uvalas e torcas
16. 
Indica cal dos seguintes grupos contén só formas graníticas:
A.
Tors, campos de bolos, berrocais, cárcavas e marmitas de xigante
B.
Tors, pedras cabaleiras, "muelas", galaios e berrocais
C.
Pedras cabaleiras, tors, berrocais, domos e marmitas de xigante
D.
Pedras cabaleiras, galaios, dolinas, tors e marmitas de xigante
E.
Cerros testemuña, ergs, tors, pedras cabaleiras e marmitas de xigante
17. 
¿A que tipo de relevo corresponde esta imaxe?
A.
Ao relevo apalachense
B.
Ao relevo xurásico
C.
Ao relevo de estrutura xermánica
D.
Ao relevo glaciar
18. 
¿Cal é a acción que produce os canchais en alta montaña?
A.
Principalmente, a xelifracción
B.
Fundamentalmente, os procesos de disolución química da rocha
C.
Por enriba de todo, o arrastre de aluvións
D.
Como principal causa, a erosión eólica
19. 
¿A que forma do relevo litoral fai referencia a imaxe?
A.
Un tómbolo
B.
Unha barra litoral
C.
Unha restinga
D.
Unha frecha litoral
20. 
¿Cales das seguintes son formas típicas do relevo litoral mediterráneo?
A.
Os deltas
B.
As albufeiras
C.
As rías
D.
Os tómbolos
21. 
Identifica o que ves na imaxe
A.
Unha paisaxe de cárcavas característico da España calcárea
B.
Unha paisaxe de cárcavas característico da España arxilosa
C.
Unha paisaxe de cárcavas característico da España volcánica
D.
Unha paisaxe de cárcavas característico da España granítica
22. 
¿A que tipo de volcán corresponde o Teide?
A.
Estromboliano
B.
Vesubiano
C.
Hawaiano
D.
Peleano
23. 
¿A que tipo de relevo corresponde esta imaxe?
A.
Unha foz
B.
Unha cuesta
C.
Un circo glaciar
D.
Unha terraza fluvial
24. 
¿Cal é a sucesión correcta de evolución de fenómenos xeomorfolóxicos sobre a Península Ibérica?
A.
Pregamento alpino, calma mesozoica, pregamento herciniano e glaciarismo cuaternario
B.
Pregamento hercínico, calma mesozoica, pregamento alpino e glaciarismo cuaternario
C.
Calma mesozoica, Pregamento hercínico, pregamento alpino e glaciarismo cuaternario
D.
Pregamento hercínico, calma mesozoica, glaciarismo cuaternario e pregamento alpino
25. 
¿Que observas na seguinte imaxe?
A.
Un sinclinal colgado, propio dun relevo xermánico
B.
Un sinclinal colgado, propio dun relevo xurásico
C.
Un sinclinal colgado, propio dun relevo saxónico
D.
Un anticlinal desventrado, propio dun relevo xurásico
26. 
¿Que perfil se pode corresponder mellor co que observas na imaxe?
A.
Pireneos - Sistema Penibético
B.
Pireneos - Delta do Ebro
C.
Depresión do Ebro - Depresión do Guadalquivir
D.
Pireneos - Macizo Galaico