New Activity
Play Quiz
1. 
Monumento prehistórico construído con pedras de gran tamaño, xeralmente sen labrar coma o dolmen
A.
Monólito
B.
totem
C.
cromlech
2. 
Cal é o nome desta ave da familia dos pelecánidos (Pelecanus onocratalus), de plumaxe branca e a punta interior das ás negra, co peteiro recto, longo e forte, e unha membrana de pel na mandíbula inferior en forma de bolsa, onde almacena a comida destinada á alimentación das crías?
A.
Pelícano
B.
Pelicano
3. 
Son flores ben coñecidas por seren moi utilizadas para adornar as nosas casas, cemiterios etc., teñen a súa orixe etimolóxica no termo latino gladiŏlus que é unha forma derivada de gladius, 'espada'.
A.
gladiolos
B.
gladíolos
C.
petunias
D.
dalias
4. 
Elixe a opción correcta
A.
termóstato
B.
termostato
C.
aeróstato
5. 
Motivo decorativo formado por tres ou máis aspas curvadas que se inscriben nunha circunferencia
A.
trisquel
B.
tríscele
C.
roseta
6. 
Unha palabra esdrúxula é unha palabra
A.
oxítona
B.
aguda
C.
proparoxítona
7. 
Unha torta de fariña, ovos, azucre, manteiga e outros ingredientes é unha
A.
rosca
B.
torta
C.
bica
8. 
Sobremesa feita dunha masa de fariña e leite que se reboza e se frite.
A.
leite frito
B.
leite frita
C.
leite
9. 
O aparello con buratos grandes no fondo onde se botan os alimentos para escorrelos.
A.
espumadeira
B.
escumadeira
C.
escumallo
10. 
A mozzarela é
A.
Unha pizza italiana que se popularizou en toda Europa.
B.
Queixo fresco, de orixe italiana, elaborado con leite de búfala.
C.
Doce de miga mol e con moitos poros, que se fai no forno con fariña, ovos e azucre.
11. 
O cabelo de anxo é
A.
Doce de aspecto filamentoso que se prepara cocendo o froito das caiotas en caldo de azucre.
B.
Doce de miga mol e con moitos poros, que se fai no forno con fariña, ovos e azucre.
C.
Rosca pequena cuberta de azucre derretido.
12. 
O plural de aerosol é
A.
aerosoles
B.
aerosois