New Activity
Play Quiz
1.  []
Este texto, segundo se di na propia lectura, está escrito por un neno que se chama Balbino pero, con que finalidade o escribe?
A.
É unha carta para un amigo.
B.
Para falar consigo mesmo sobre o que sente.
C.
É unha redacción para o colexio.
D.
Non o escribe Balbino.
2. 
En que lugar se desenvolven os feitos que conta Balbino?
A.
Nunha aldea mariñeira.
B.
Nunha cidade de Galicia.
C.
Nos arrabaldes dunha cidade.
D.
Nunha aldea do interior.
3. 
Balbino preséntase dicindo que é un rapaz de aldea e ademais pobre; que aspectos dos seguintes se utilizan na lectura para describir esta realidade?
A.
O rapaz anda descalzo.
B.
Na aldea todos os rapaces xogan ao aire libre e non hai parques.
C.
Como no verán vai moita calor dórmese ata moi tarde.
D.
O rapaz ten que traballar nas tarefas agrícolas.
4.  []
E respecto ao carácter, como se describen os rapaces da aldea?
A.
Tristes.
B.
Aventureiros e soñadores.
C.
Vergonzosos e apoucados.
D.
Inquedos e curiosos.
5.  []
E Balbino, como describirías a súa maneira de ser:
A.
Preguiceiro e durmiñón.
B.
É un miñaxoia, tanto lle ten todo.
C.
Espelido e curioso.
D.
Un rebelde.
6.  []
En que época dirías que se desenvolven os feitos dos que nos fala?
A.
Na actualidade.
B.
Na Idade Media.
C.
Antes da época democrática.
D.
Hai máis de 50 anos.
7. 
Quen é o capitán Smith?
A.
Un rapaz que vén de Inglaterra e que coñece o Landeiro.
B.
Un home que estivo na guerra e que despois escribira todo o que lle acontecera.
C.
Un can que trouxo pai de Balbino cando volveu da guerra.
D.
Un emigrante que volveu rico dos Estados Unidos.
8. 
Cal é a actitude de Balbino con relación á súa aldea?
A.
Quere vivir nela toda a súa vida.
B.
Quere poder ir vivir algún día á cidade.
C.
Quere coñecer mares e terras novos.
D.
Vaia a onde vaia tan só quere facer cartos.