New Activity
Play Crossword Puzzle
1 Conxunto de montañas aliñadas ao longo dun eixo, que forman unha unidade.
2 Área do relevo que se caracteriza por estar a unha altura menor respecto das rexións circundantes. Polo fondo dela discorren habitualmente cursos de auga.
3 Grande depresión volcánica causada polo afundimento dunha cámara magmática ou por deslizamento.
4 Planicie extensa, habitualmente situada por enriba dos 500 m sobre o nivel do mar. Soe ser resultado da erosión.
5 Masa montañosa demarcada por fallas ou fisuras, con predominio de rochas moi sólidas. Un exemplo é o Galaico.
6 Estrutura xeolóxica pola que emerxe o magma en forma de lava, cinza e gases.
7 Manto de lava fluída emitido por un volcán durante as súas erupcións.
8 Accidente volcánico que ten a súa orixe nunha forte erosión dos materiais circundantes.
9 Tremor de terra causado por unha sacudida brusca da códea terrestre.
10 Fractura dun terreo ao longo do cal houbo movemento dun dos lados respecto do outro.
11 Longa depresión limitada en ambas beiras por fallas paralelas levantadas (horst), entre as que o terreo se afundíu.
12 Val fluvial asulagado polo mar, característico do litoral galego.
11
9
5
3
2
10
7
8
4
1
6