New Activity
Play Quiz
1. 
Como se financia a Seguridade Social?
A.
Coas cotizacións dos empresarios autónomos
B.
Coas aportacións de Facenda
C.
Coas cotizacións de empresarios e traballadores
D.
Coas cotizacións de traballadores
E.
Coas cotizacións dos empresarios autónomos
F.
Coas aportacións de Facenda
2. 
Que situacións poden xerar un dereito a prestación por incapacidade temporal?
A.
Accidente laboral e enfermidade profesional
B.
Accidente non laboral e accidente laboral
C.
Enfermidade común e enfermidade profesional
D.
Enfermidade común, accidente non laboral, accidente laboral e enfermidade profesional
3. 
Para ter dereito a percibir unha prestación por incapacidade tempora requírese un periodo previo de cotización...
A.
De 180 días para as situacións de enfermidade común e enfermidade profesional
B.
De 180 días na situación de enfermidade común
C.
De 180 días para accidente non laboral e enfermidade común
D.
En ningún caso se require periodo de cotización previo
4. 
Cal das seguintes actividades non está incluída no Réxime Xeral?
A.
Traballadores do mar
B.
Artistas
C.
Deportistas profesionais
D.
Empregados do sector da hostalería
5. 
Cal das seguintes actividades está incluída no Réxime Xeral?
A.
Funcionairos públicos
B.
Traballadores por conta propia
C.
Empregados do sector bancario
D.
Estudantes
6. 
Cantos graos de incapacidade permanente hai:
A.
Tres: parcial, total e absoluta
B.
Dúas: absoluta e parcial
C.
Dúas: parcial e total
D.
Catro: parcial, total, absoluta e gran invalidez
7. 
A contía do subsidio por incapacidade temporal debido a un accidente non laboral é:
A.
Do 60% da base reguladora dende o día seguinte á data do feito causante
B.
Do 75% da base reguladora dende o día seguinte á data do feito causante
C.
Os tres primeiros días non hai dereito a subsidio e dende o 4º é do 60% da base reguladora
D.
Nos tres primeiros días, non hai dereito; do 4º ao 20º, do 60% da base reguladora; dende o 21º, do 75% da bse reguladora
8. 
A contía do subsidio por incapacidade temporal debido a un accidente laboral é de:
A.
Durante os 3 primeiros días non hai dereito e a partir do 4º día o 75% da base reguladora
B.
Do 75% da base reguladora dende o día seguinte á data do feito causante
C.
Do 60% da base reguladora dende o día seguinte á data do feito causante
D.
Os tres primeiros días non hai dereito a subsidio; do 4º ao 20º, do 60% da base reguladora; a partir do 21º, do 75% da base reguladora
9. 
Para calcular a base reguladora nas prestacións derivadas de embarazo e nacemento de fillos...
A.
Tense en conta a BCCC para maternidade e paternidade, e a BCCP para risco no embarzo e risco na lactancia.
B.
Tense en conta a BCCC para risco no embarazo e na lactancia e a BCCP para maternidade e paternidade.
C.
Tense en conta a BCCC para risco no embarazo e na lactancia e para maternidade e paternidade.
D.
Tense en conta a BCCP para risco no embarazo e na lactancia e para maternidade e paternidade.
10. 
A contía do subsidio nas situacións derivadas do embarazo e nacemento de fillos é de:
A.
O 100% da base reguladora en caso de risco no embarazo e na lactancia e do 60% en embarazo e paternidade.
B.
O 100% da base reguladora en tódolos casos.
C.
O 60% da base reguladora en caso de risco no embarazo e na lactancia e do 100% en maternidade e paternidade.
D.
Do 60% da base reguladora en tódolos casos.
11. 
O subsidio por maternidade xera un dereito a descanso:
A.
Retribuído de 16 semanas ininterrumpidas.
B.
Ampliable en dúas semanas por cada fillo a partir do 2º en caso de parto, adopción ou acollemento múltiple.
C.
Que pode repartir co pai respectando as 6 primeiras semanas que son de descanso obrigatorio para a nai.
D.
Tódalas respostas son correctas.
12. 
Que supón a xubilación parcial?
A.
Que o traballador non cotizou un mínimo de 15 anos así que non lle corresponde a pensión completa.
B.
Que o trabalaldor non chegou a cotizar 35 anos, así que non lle corresponde a pensión completa.
C.
Que a partir dos 60 anos pode reducir a xornada laboral sempre que a empresa contrate un sustituto para o tempo de traballo que non realice.
D.
Que pode reducir a xornada laboral cobrando o desemprego pola parte da xornada que non realiza.
13. 
Ata o ano 2013, con 15 anos cotizados...
A.
Tes dereito a pensión de xubilación.
B.
Tes dereito a cobrar o 50% da base reguladora da pensión.
C.
O "a" e o "b" son incorrectos.
D.
O "a" e o "b" son correctos.
14. 
Un traballador que falece en accidente non laboral deixa viúva, catro fillos e un pai sen rentas que convivía con el.
A.
Xera o dereito a unha pensión de viuvedade do 52% da BR, catro pensións de orfandade do 20% da BR para cada fillo e unha máis en favor de familiares do 20% da BR.
B.
Xera dereito a pensión de viuvedade do 52% da BR e catro pensións de orfandade do 20% da BR para cada fillo.
C.
Xera dereito a pensión de viuvedade do 52% da BR e o resto ata o 100% a repartir entre os fillos e o pai.
D.
Xera dereito a pensión de viuvedade do 52% da BR e o 48% da BR a repartir a partes iguais entre os catro fillos como pensión de orfandade.
15. 
Un traballador está en situación legal de desemprego cando...
A.
Perde o emprego por causas alleas á súa vontade.
B.
Cando deixa o traballo por vontade propia.
C.
Cando se inscribe no Servizo Público de Emprego e se compromete a aceptar unha colocación axeitada.
D.
O "a" e o "c" son correctos.
16. 
Considérase unha "colocación axeitada"
A.
A calquera traballo que estea como máximo a 30 kms. do lugar de residencia.
B.
A calquera profesión que habitualmente desempeñara o traballador.
C.
A calquera profesión que desempeñara o traballador, que se adapte ás aptitudes físicas e formativas ou, se leva máis dun ano percibindo prestación, calquera que estea a un máximo de 30 kms. da residencia.
D.
A calquera profesión que desempeñara ou que se adapte ás súas aptitudes e formación.
17. 
Para percibir unha prestación por desemprego...
A.
Tes que estar en situación legal de desemprego.
B.
Tes que estar en situación legal de desemprego e ter cotizado 360 días.
C.
Tes que estar en situación legal de desemprego e ter cotizado 360 días durante os seis anos anteriores.
D.
Tes que estar en situación legal de desemprego, ter cotizado 360 días durante os seis anos anteriores e non ter rentas.
18. 
Para percibir un subsidio de desemprego...
A.
Tes que ter percibido antes unha prestación por desemprego.
B.
Non podes ter rentas superiores ao SMI.
C.
Non podes ter percibido prestación por desemprego.
D.
Concédese por tempo limitado unha vez agotada a prestación por desemprego ou, sen ter dereito a prestación, cun tempo mínimo de 6 meses cotizados ou sempre que haxa cargas e un mínimo de 3 meses cotizados.
19. 
Un traballador con 20 meses cotizados terá dereito a prestación durante...
A.
A 10 meses de prestación.
B.
A 6 meses de prestación.
C.
A 4 meses de prestación.
D.
A 8 meses de prestación.
20. 
A contía da prestación por desemprego será de...
A.
Do 60% da base reguladora os 6 primeiros meses e do 70% durante o resto do periodo.
B.
Do 80% da base reguladora durante os seis primeiros meses e do 40% durante o resto do periodo.
C.
Do 70% da base reguladora durante os seis primeiros meses e do 60% da base reguladora durante o resto do periodo.
D.
Do 40% da base reguladora durante os seis primeiros meses e do 80% durante o resto do periodo.