Crossword Puzzle

MF1019_2 UF0130Online version

Realiza o seguinte encrucillado. A divertirse!

by Helena Varela
1

Función cognitiva fundamental que permite rexistrar, reter e recuperar información e vivencias do pasado.

2

: Función cognitiva necesaria para concentrarse nunha actividade e incorporar información relevante.

3

Aptitude intelectual que serve para organizar a información e elaborala.

4

Técnica de adestramento do razoamento que consiste en ordenar elementos en grupos segundo un criterio común.

5

Organización dunha serie de elementos segundo o seu nivel de importancia ou rango.

6

Ordenación de elementos seguindo unha secuencia específica segundo o tamaño, posición ou cor.

7

Técnica de modificación de conduta que consiste en ignorar un comportamento inadecuado para que desapareza.

8

Proporcionar axudas (verbais, visuais ou físicas) para que unha persoa inicie unha resposta ou conduta.

9

Aprendizaxe dunha nova conduta mediante a observación doutra persoa que a realiza.

10

Técnica que obriga á persoa a reparar as consecuencias da súa conduta e realizar a acción correcta.

11

Técnica de resolución de conflitos baseada no diálogo directo entre as partes para chegar a un acordo.

12

Negociación asistida por unha terceira persoa imparcial que facilita a comunicación no conflito.

13

Situación de intensa alteración emocional repentina que supera os mecanismos de control da persoa.

14

Acción de mirar atentamente dedicando todos os sentidos para recoller información.

15

Conduta aprendida previamente que se realiza de forma cotiá no momento oportuno sen necesidade de control externo.

16

Valoración que se lle dá a cada posición dentro dun grupo, establecendo unha xerarquía.

17

Papel ou función que se lle atribúe a unha persoa dentro dun grupo.

18

Choque ou desacordo entre dúas ou máis persoas debido a diferenzas de opinións ou condutas.

19

Técnica que consiste en forzar a repetición dunha conduta ata que produza cansazo e perda o seu atractivo.

20

Fase da memoria na que se busca e recupera a información previamente almacenada.

7
1
18
11
10
8
5
4
3
19
2
9
20
17
14
16
6
12
13
15