Crossword Puzzle

Crebacabezas de deportesOnline version

Resposta as seguintes preguntas relacionadas co deporte para solucionar este crebacabezas.

by Yanira Fdez Sobrino
1

Especialidade ximnástica que se practica sobre unha pista e que incorpora pasos de danza acompañamento musical e o uso de diversos aparatos.

2

Con este material poderiamos xogar dúas persoas ao tenis.

3

Dor muscular que se sente nunha parte do corpo un tempo despois de realizar un esforzo físico non habitual e de maneira reiterada.

4

Competición deportiva na que os participantes compiten en tres carreiras, unha de natación, unha ciclista e unha pedestre, de diversa lonxitude según as categorías.

5

Prenda deportiva de texido fino e elástico que se adapta perfectamente ao corpo e que cobre o tronco, en ocasións tamén parte ou a totalidade das extremidades. Utilízana principalmente ximnastas, atletas, bailaríns e acróbatas.

6

Actividade ou exercicio físico suxeito a determinadas normas no que se fai proba, con ou sen competición, de habilidades, forza e destrezas físicas.

7

Deporte que se practica entre dous equipos de once xogadores que tratan de introducir un balón nunha portería do equipo contrario utilizando os pes, a cabeza ou calquera parte do corpo excepto as mans e os brazos.

8

Persoa que practica atletismo ou, en xeral, algún deporte.

9

Contracción muscular involuntaria e dolorosa.

10

Alteración ou dano que se produce nalgunha parte do corpo a causa dun golpe, unha enfermidade etc.

6
8
4
9
5
1
3
7
10