Lingua Galega 3º E.POnline version

Nesta actividade teremos a ocasión de poñer a proba os nosos coñecementos.

by Miguel Alvarez Barral
A
B
C
D
E
F
G
H
I
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
X
Z

Comeza por A

Palabra que ten un significado contrario a outra.

Comeza por B

Son aquelas palabras que se dividen en dous golpes de voz.

Comeza por C

Número cardinal posterior ao tres.

Comeza por D

Clase de palabra que utilizamos para referirnos á distancia á que se atopa un obxecto respecto a nós.

Contén E

Clase de palabra que nos indica como é algo ou alguén.

Comeza por F

Sílaba tónica da palabra alfombra.

Comeza por G

Signo utilizado para dividir as palabras en sílabas.

Comeza por H

Lugar onde se cultivan as patacas, cenorias, etc.

Comeza por I

Primeira parte dunha historia ou conto.

Contén L

Conversa entre dúas ou máis persoas.

Comeza por M

Determinante posesivo que indica que un obxecto me pertence.

Contén N

Signo utilizado para facer preguntas.

Comeza por O

Forma máis común de saudar a unha persoa.

Comeza por P

Tipo de nome que fai referencia a unha persoa, animal...en concreto.

Comeza por Q

Acción de retirar unha mancha que atopamos na roupa.

Contén R

Xénero literario escrito para ser interpretado sobre un escenario.

Comeza por S

Palabras distintas, pero co mesmo significado.

Contén T

Sílaba que non é tónica.

Contén U

Palabra polisémica que pode facer referencia a un obxecto para escribir ou a unha parte do corpo das aves.

Comeza por V

Aplicable a algo que se pode ver.

Comeza por X

Peixe moi consumido en Galicia. Sobre todo durante o verán.

Comeza por Z

Persoa que arranxa zapatos.