Pasapalabra GalegoOnline version

Vocabulario para 6º Primaria... e maiores!

by Alfonso González López
A
B
C
D
E
F
G
H
I
J
K
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
W
X
Z

Comeza por A

No día anterior ao de onte, hai dous días

Comeza por B

Cama de neno pequeno que xeralmente se pode abanar

Comeza por C

Muller natural da Coruña

Comeza por D

Que se fai, se comprende ou se consegue sen esforzo.

Comeza por E

Deixar de ter na memoria

Comeza por F

Instrumento de boca ancha, que se vai estreitando ata rematar nun tubo, que se emprega para verter líquidos en recipientes de boca estreita.

Comeza por G

Tira de tea que se pon arredor do colo da camisa, facéndolle un nó por diante e deixándoa caer sobre o peito.

Comeza por H

Inflamación do fígado

Comeza por I

Edificio destinado á reunión dos fieis cristiáns para o exercicio do culto da súa relixión.

Comeza por J

Vehículo militar de pequeno tamaño, capaz de andar por terreos difíciles

Comeza por K

Entretemento de orixe xaponesa, que consiste en interpretar unha canción sobre un fondo musical gravado, mentres se vai lendo a letra nunha pantalla de vídeo

Comeza por L

Máquina para lavar os pratos, vasos, tarteiras etc., que funciona por medio de electricidade.

Comeza por M

Lugar alto desde o que se ve un amplo panorama.

Comeza por N

Facer unha persoa que outra sinta amor por ela.

Comeza por O

Punto cardinal do horizonte por onde se pon o Sol.

Comeza por P

Enfrontamento entre dous ou máis individuos, no que se emprega a forza física ou outros medios de violencia

Comeza por Q

Tempo en que lle corresponde a unha persoa facer, recibir ou usar algunha cousa, segundo unha repartición previa.

Comeza por R

Facer cousas que serven de entretemento e diversión como saltar, correr uns detrás doutros etc.

Comeza por S

Bebida con alcohol que se obtén ao fermentar o zume de mazá

Comeza por T

Utensilio de cociña metálico, de forma redonda, pouco fondo e con mango longo, no que se friten os alimentos.

Comeza por U

Aplicar o sentido do olfacto para percibir o olor de algo

Comeza por V

Substancia que, introducida no corpo dun ser vivo, é capaz de interromper as súas funcións vitais, provocándolle a morte ou graves trastorno

Comeza por W

Tecnoloxía de conexión sen cabos entre dispositivos por medio de ondas de radio de alta frecuencia.

Comeza por X

Periódico que se publica todos os días

Comeza por Z

Castaña cocida coa pela