R ou RR?Online version

Neste xogo terás que prestar moita atención para descubrir as palabras e escribilas correctamente. Sabes se se escribe con R ou con RR?

by Lara Mestra
A
B
C
D
E
F
G
H
I
K
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
X
Z

Comeza por A

Mamífero mariño da familia dos golfiños de cor gris escura na parte superior e gris clara na parte inferior.

Comeza por B

Espazo nas marxes dunha rúa, cunha certa elevación sobre o nivel desta, para que circulen os peóns.

Comeza por C

Competición deportiva de velocidade. A nena tiña o dorsal 21 na ....

Comeza por D

Animal mitolóxico con ás e cola de serpe que bota lume pola boca.

Comeza por E

Equivocación ou falta de acerto. Cando me equivoco cometo un ...

Comeza por F

Torre alta colocada á beira do mar con luz para orientar aos barcos.

Comeza por G

Lugar destinado a gardar vehículos.

Comeza por H

Construción rural de pedra, de forma rectangular, feito sobre columnas e con moitas aberturas nas paredes para facilitar a ventilación. Utilízase para gardar o millo e outros produtos agrícolas.

Comeza por I

Persoa que, respecto doutra, é fillo dos mesmos pais. María so ten un...

Comeza por K

Modalidade de loita xaponesa que é, principalmente, un arte de defensa persoal.

Comeza por L

Resplandor intenso e momentáneo, producido por un raio durante unha tormenta.

Comeza por M

Cor das castañas ou do chocolate.

Comeza por N

Crustáceo mariño, parecido a un cangrexo, moi cotizado como marisco. Cando se coce queda de cor vermella.

Comeza por O

Mamífero acuático que vive en Australia e Tasmania, de boca semellante ao peteiro dun parrulo, pés palmados e pelame de cor parda. Nunha serie de debuxos fai o papel de “Perry”.

Comeza por P

Lugar onde se fai ou vende o pan.

Comeza por Q

Ferida causada no corpo polo lume ou por algo moi quente.

Comeza por R

Conxunto das pezas de vestir que se gardan no roupeiro.

Comeza por S

Ferramenta que se emprega para cortar madeira e está formada por unha cadea dentada e un mango.

Comeza por T

Construción estreita e alta que xeralmente forma parte doutra máis ampla. Os castelos poden ter varias.

Comeza por U

Animal fabuloso con corpo de cabalo e un corno recto no medio da testa.

Comeza por V

Instrumento formado por un pau ou mango que se emprega para varrer.

Comeza por X

Establecemento onde se venden as xoias.

Comeza por Z

Moble para gardar zapatos.