Escríbese con B ou con V?Online version

Propóñoche un reto! Deberás estar moi atento/a para descubrir as palabras e escribilas correctamente. ¿Sabes se se escribe con B ou con V?

by Lara Mestra
A
B
C
D
E
F
G
H
I
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
X
Z

Comeza por A

Peza de vestir longa que se pon por riba da roupa para abrigarse.

Comeza por B

Recipiente en forma de botella que ten unha mamadeira e se emprega para alimentar aos bebés.

Comeza por C

Articulación que une o brazo co antebrazo.

Comeza por D

Número anterior ao vinte.

Comeza por E

Cicatriz arredondada que temos no medio do ventre, como resto do cordón umbilical.

Comeza por F

Lugar ou edificio onde se fabrica algo.

Comeza por G

Tira de tea que se pon arredor do pescozo, facéndolle un nó por diante e deixándoa caer sobre o peito.

Comeza por H

Conxunto de plantas verdes que nacen nun terreo.

Comeza por I

Estación máis fría das catro que ten o ano.

Comeza por L

Máquina para lavar a louza: pratos, vasos, tarteiras etc.

Comeza por M

Pequeno aparello telefónico que permite realizar e recibir chamadas, enviar mensaxes, ver vídeos...

Comeza por N

Auga conxelada que cae das nubes cando fai moito frío.

Comeza por O

Alimento procedente da galiña que ten unha casca e no seu interior é branco e amarelo.

Comeza por P

Estación do ano que vén despois do inverno e precede ao verán.

Contén Q

Peza de roupa, xeralmente, de cor azul. Teño un pantalón...

Comeza por R

Prolongación da columna vertebral de moitos animais na parte posterior do seu corpo.

Comeza por S

Día de semana que segue ao venres.

Comeza por T

Botón que hai na entrada das casas e produce un son que serve para chamar ou avisar.

Comeza por U

Froito da vide, redondo ou ovado, do que se obtén o viño.

Comeza por V

Instrumento que ten un mango e se emprega para varrer.

Comeza por X

Produto que utilizamos para lavar as máns e enxaboarnos na ducha, hainos de moitos olores.

Contén Z

Son producido na larinxe polo aire expulsado dos pulmóns, ao facer vibrar as cordas vocais.