MAGOSTOOnline version

PALABRAS RELACIONADAS CO MAGOSTO

by Poliños Pro
A
B
C
D
E
F
G
H
I
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
X
Z

Comeza por A

Facer unha fenda na castaña antes de asala para que non estoupe. Sinónimo de beliscar

Comeza por B

Materia combustible que se mantén acesa pero sen lume necesaria para asar as castañas

Comeza por C

A raíña do Magosto

Comeza por D

Quitar a casca á castaña

Comeza por E

Antepasados para os que se prendía o lume nas casas no Samhaín e no Magosto

Comeza por F

Po que se obtén ao moer as castañas

Comeza por G

Comunidade Autónoma na que máis se celebra o magosto

Contén H

Cheiro ou sabor peculiar da cousa chamuscada

Comeza por I

País Mediterráneo onde está o castiñeiro máis famoso (3.000 anos)

Comeza por L

Lugar onde se facía o lume nas casas tradicionais para cociñar

Comeza por M

Concello de Ourense, famoso pola neve, onde está o castiñeiro máis antigo de Galiza (1000 anos)

Comeza por N

Mes no que se celebra o Magosto

Comeza por O

Casca exterior con espiñas que contén as castañas

Comeza por P

Mineral moi abundante na castaña e importante para o correcto funcionamento do corpo humano

Comeza por Q

Unidade de masa que empregamos para pesar as castañas

Comeza por R

Unha das civilizacións máis influente da historia que estendeu a castaña por Europa

Comeza por S

Terreo poboado de castiñeiros

Comeza por T

Pau ennegrecido que empregamos para pintar a cara no Magosto

Contén U

Provincia galega onde o magosto ten maior relevancia

Comeza por V

Bebida alcohólica que se obtén de fermentar o zume de uva e que ás veces se consume nos Magostos

Contén X

Recipiente con furados no fondo que se emprega para asar as castañas

Contén Z

Sentimento de afecto e confianza entre amigos que se afianza co Magosto