O EntroidoOnline version

Vocabulario sobre o Entroido.

by Mar HP
A
B
C
D
E
F
G
H
I
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
X
Z

Contén A

Embutido típico do Entroido no interior de Galicia.

Comeza por B

Personaxe do Entroido de Viana do Bolo.

Comeza por C

Personaxe do Entroido típico da zona de Verín.

Comeza por D

O fareleiro é o día que comeza o ciclo do Entroido.

Contén E

Doce tradicional do Entroido que tamén leva anís e limón. (en plural)

Comeza por F

Grupo de mozas e mozos que saen armados con bombos, sachos, aixadas etc., facendo moito barullo e animando as rúas nos días de Entroido.

Comeza por G

Verdura que no Entroido é moi popular.

Contén H

Concello onde se celebra o Entroido Ribeirao.

Contén I

Doce típico do Entroido, pode ser doce ou salgada.

Comeza por L

Parte dianteira do porco, salgada e posta a curar.

Comeza por M

Día grande do Entroido.

Contén N

Vaca do Entroido de Laza, que ten unha cabeza de madeira e que vai cuberta cunha pel de carneiro.

Comeza por O

Personaxe do Entroido propio da parroquia de Salcedo, no concello da Pobra do Brollón.

Contén P

Primeiro xoves de Entroido no que ten lugar unha simbólica guerra de sexos. (en plural)

Contén Q

Personaxe típico do Entroido de Laza.

Contén R

Lugar que percorren as Madamas e os Galáns durante o Entroido.

Comeza por S

Peixe que se enterra ao finalizar o Entroido.

Contén T

Personaxe típico do Entroido de Xinzo de Limia.

Contén U

Personaxe do Entroido que percorre as rúas coruñesas, especialmente a da Torre.

Contén V

Nome do papagaio que se enterra no Entroido pontevedrés.

Comeza por X

Personaxe do Entroido da comarca da Ulla que vai dacabalo e viste un uniforme militar.

Contén Z

Concello onde a praza da Picota se converte nunha batalla campal coa farrapada.