Dime algo sucio. Léxico-1Online version Escolle o significado axeitado destas palabras usadas na novela "Dime algo sucio", de Diego Ameixeiras. by Revolta da freixa 1 Pencas. "A lisura do seu ventre, salferido de diminutas pencas". a manchas pardacentas b grans de acne c verrugas con peliños 2 Desgairada. "Ao lonxe distínguese a figura desgairada de Nelson". a alta e delgada b atlética c pouco vigorosa 3 Faccións. "Endurécenselle as faccións, ténsa os músculos". a trazos do rostro b bíceps c músculos do peito 4 Estartelada. "As pernas consente un ángulo de torsión estartelada, propia de monicreque roto". a en forma de tirarrollas b moi aberta c en horizontal 5 Pátina. "Os seus vaqueiros presumen unha pátina grisallenta". a etiqueta coa marca b marca do ferro de pasar c cotra, capa como de sucidade 6 Pesadelo. "O home negro esperta sobresaltado por un pesadelo que se repite". a soño angustioso b timbre do espertador c son que produce o teléfono 7 Loura. "Unha nena loura disponse a recibir a primeira comuñón". a de cabelo que tira a dourado b vestida de color rosa c coloradiña de cara 8 Espido. "O home negro soñou cunha praia e imaxinouse espido". a espirrando polo frío b nu, sen roupa c mollado pola auga do mar 9 Baleiros. "Uns estantes baleiros, unha cadeira, un armario empotrado". a limpos de po b sen nada c torcidos 10 Rabuñaduras. "Ten algunhas rabuñaduras nos brazos" a marcas de queimaduras b feridas causadas por unllas c marcas urticantes 11 Balbordo. "Dos vestiarios procede o leve balbordo que arman os alumnos". a calor humana b alboroto, algarabía c bafo que produce moita xente xunta 12 Apergamiñados. "Os beizos de Nelson son grumosos, apergamiñados". a longos de orella a orella b carnosos c enxoitos, semellantes ao pergamiño 13 Calafrío. "Senten un calafrío de peixes". a sede b visgo c arreguizo 14 Nacaradas. "O home negro introducía pedras nacaradas nunha rede". a brancas e irisadas coma a nácara b redondas e lisas c seixos da praia 15 Enferruxadas. "Dúas persianas enferruxadas". a que están moi porcas b que teñen ferruxe ou óxido c que teñen as lamas tortas 16 Crego. "Os movementos do crego son lentos, cerimoniosos". a mestre de cerimonias b director de coral c cura, sacerdote 17 Tempas. "Sente os dedos moldeándolle devagar as tempas". a zona posterior das orellas b partes laterais da cabeza, sens c movemento que leva moito tempo 18 Vimbio. "Treme coma un vimbio e adiviña o horizonte no teito do seu cuarto". a vara longa e flexible b paxaro pequerrecho c folla de parra 19 Sombrizas. "Laura acelera o paso polas sombrizas rúas das Camelias". a costentas b con pouca luz c esvaradías 20 Enxugar. "Colle a toalla e enxuga a suor acumulada na fronte". a secar a humidade b rodear cun diadema c meter baixo un gorro