New Activity
Play Matching Pairs

HONESTIDADE. Temos que dicir a verdade sempre, pois se non o facemos, alguén pode saír prexudicado.

SOLIDARIEDADE. Axudo sen esperar nada a cambio, o meu compañeiro de clases que ten problemas con algunha materia. Non teño medo a que despois saque mais nota ca min.

RESPECTO Ten en consideración os que te rodean e trátaos con amabilidade. Fala e escoita con respecto a o teu mestre e os teus compañeir@s.

TOLERANCIA. Aceptemos a todos, inda que sexan distintos, diferente a nós. As diferencias son un "don". Busca as túas diferencias co resto e descubrirás o teu propio tesouro.

FELICIDADE Todos temos dereito a felicidade e temos un compromiso coa xente que nos rodea para axudarlles a ser felices. Non sexas indiferente a tristeza dos que te rodean.

VALENTÍA. Temos que ser valentes, para sairnos dun grupo máis grande e defender a un compañeiro que se encontra só.