New Activity
Play Quiz
1. 
O perfecto de indicativo do verbo 'haber' é: houben, houbeches, houbo, houbemos, houbestes, houberon. Cal será a base do verbo que nos vai valer para construír os demais tempos do pasado?
A.
ho-
B.
hou-
C.
houb-
D.
hab-
2. 
O perfecto de indicativo do verbo 'facer' é: fixen, fixeches, fixo, fixemos, fixestes e fixeron. Cal será a base do verbo que nos vai valer para construír os demais tempos do pasado?
A.
fa-
B.
fi-
C.
fix-
D.
fo-
3. 
O perfecto de indicativo do verbo 'poder' é: puiden, puideches, puido, puidemos, puidestes e puideron. Cal será a base do verbo que nos vai valer para construír os demais tempos do pasado?
A.
puid-
B.
pod-
C.
puide-
D.
po-
4. 
O perfecto de indicativo do verbo 'caber' é: couben, coubeches, coubo, coubemos, coubestes e couberon. Cal será a base do verbo que nos vai valer para construír os demais tempos do pasado?
A.
ca-
B.
cabe-
C.
coub-
D.
c-
5. 
O pretérito de indicativo do verbo 'estar' é: estiven, estiveches, estivo, estivemos, estivestes e estiveron. Cal será a base do verbo que nos vai valer para construír os demais tempos do pasado?
A.
est-
B.
este-
C.
estiv-
D.
estea-
6. 
O perfecto de indicativo do verbo 'querer' é: quixen, quixeches, quixo, quixemos, quixestes e quixerron. Cal será a base do verbo que nos vai valer para construír os demais tempos do pasado?
A.
quix-
B.
q-
C.
quei-
D.
qui-
7. 
O presente do verbo 'ter' é: tiven, tiveches, tivo, tivemos, tivestes e tiveron. Cal será a base (ou bases) do verbo que nos vai valer para construír os demais tempos do pasado?
A.
te-
B.
ti-
C.
tiv-
D.
t-
8. 
Xa sabes que a base do verbo 'ter' para os tempos de pasado é: tiv-. Como se fará a 1ª persoa do sing do pluscuamperfecto (-era, eras,...) e do pretérito de subxuntivo (-ese, -eses,...)?
A.
tiviera (pluscuamperfecto) e tiviese (pretérito de subxuntivo)
B.
tivera (pluscuamperfecto) e tivese (pretérito de subxuntivo)
C.
tuviera (pluscuamperfecto) e tuviese (pretérito de subxuntivo)
9. 
O perfecto de indicativo do verbo 'ser' é: fun, fuches, foi, fomos, fostes e foron. Cal será a base (ou bases) do verbo que nos vai valer para construír os demais tempos do pasado?
A.
fu-
B.
foi-
C.
fo-
D.
fun-
10. 
Xa sabes que a base do verbo 'ser' para os tempos de pasado é: fo-. Como se fará a 1ª persoa do sing do pluscuamperfecto (-ra, ras,...) e do pretérito de subxuntivo (-se, -ses,...)?
A.
foara (pluscuamperfecto) e foase (pretérito de subxuntivo)
B.
foera (pluscuamperfecto) e foese (pretérito de subxuntivo)
C.
fora (pluscuamperfecto) e fose (pretérito de subxuntivo)