New Activity
Play Matching Pairs

Alexandra e Ana teñen un aspecto moi moderno: os cabelos con mechas, usan vaqueiros axustados e tamén lles gusta levar fulares no pescozo. Son unas meigas moi simpáticas e amables, teñen unha mente moi liberal e relaciónanse con todo o mundo.

Antía é máis alta e fraca que Amable, pódese dicir que é todo ósos. Tamén viste de negro e leva un pano na cabeza tapando a melena. É maior, ten a cara chea de engurras; o que lle dá un aspecto moi serio e cara de poucos amigos. As engurras márcanlle o ricto da boca dunha maneira brutal, xa se lle notaba a caveira baixo a pel. Só ten tres dentes, dous arriba e un abaixo.

A Dama do Castro era a meiga máis antiga do Castro. Adoitaba ser fuxidía e esquiva, aparecía como espírito cando menos a esperaban. Vestía de branco, un vestido longo ata os pés que arrastraba un pouco facendo cola por detrás. Cóntase que cando alguén tenta sacar proveito dela, a Dama non o concede, só axuda a persoas que están a sufrir ou que son humildes e pobres. A Dama do Castro era alta, moi vella e moi engurrada, co pelo longo branco coma as súas roupas e unhas mans osudas que adoitaban colocar diante do peito coma se agarrase o corazón.

Amable é de estatura baixa, mide 1’50, a súa estrutura é gorda, sen cintura. Ten os cabelos brancos, leva un pano atado ao pescozo cun nó, e sempre viste de negro. Ten unha cute moi pálida e os seus ollos son case brancos ou dun azul tan tenue que só destaca a meniña negra.

Ebura era moi lista; xa que cada vez que aconsellaba a Lupa daba coa solución. Sabía engaiolar aos demais moi ben. Aínda que tamén era moi sentimental, xa que cando morreu seu irmán sempre estaba moi triste.

PROSOPOGRAFÍA

RETRATO

RETRATO

ETOPEA

CARICATURA