New Activity
Play Alphabet Game
A
B
C
D
E
F
G
H
I
J
K
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
W
X
Z
Comeza por  
A
Clase de palabra que presenta o substantivo e concorda con el en xénero e número.
Comeza por  
B
Adxectivo que nos indica que unha persoa está baixo os efectos do alcohol
Comeza por  
C
Adorno que se pon arredor do pescozo.
Comeza por  
D
Conxunto de palabras que intercambian os personaxes dunha obra de teatro.
Comeza por  
E
Prefixo que indica 'fóra de'.
Comeza por  
F
Parte máis ou menos prolongada da cara dos mamíferos onde está a boca e o nariz.
Comeza por  
G
Xentilicio co que se coñece os habitantes de Galicia.
Comeza por  
H
Instrumento musical de vento que ten forma de caixiña rectangular e buratiños polos que escorregan os beizos soprando ou aspirando para facelo soar.
Comeza por  
I
3ª persoa de plural do copretérito de indicativo do verbo ir.
Comeza por  
J
Antigo sistema de loita xaponesa sen armas, hoxe practicado como deporte, que consiste en empregar chaves para inmobilizar e desequilibrar o contrario.
Comeza por  
K
Froita de carne verde ou amarela e de pel rugosa e marrón.
Comeza por  
L
Adxectivo sinónimo de vago ou preguiceiro.
Comeza por  
M
Aparello telefónico automático que permite realizar e recibir chamadas, ademais de ter outras moitas funcións que distraen bastante aos seus usuarios.
Comeza por  
N
Lazo que se fai cun fío ou corda apertando polos dous lados para que non se solte.
Comeza por  
O
Que perdeu ambos pais ou, cando menos, un deles.
Comeza por  
P
Relación semántica que consiste en que unha palabra teña máis de un significado.
Comeza por  
Q
Unidade de masa que equivale a 1000 gramos e ten como símbolo Kg.
Comeza por  
R
Xentilicio que identifica os habitantes do concello de Ribeira.
Comeza por  
S
Clase de palabra que nomea seres, obxectos, ideas...
Comeza por  
T
Feminino do adxectivo truán.
Comeza por  
U
Forma de feminino plural do artigo indeterminado.
Comeza por  
V
Elevación na superficie de algo, por exemplo na pel.
Comeza por  
W
Deporte náutico que consiste en desprazarse sobre a auga nunha táboa provista dunha vela.
Comeza por  
X
Nome que recibe a palabra que designa os habitantes dalgún lugar.
Comeza por  
Z
Líquido con propiedades nutritivas que podemos tomar ao almorzo, por exemplo.