Log in
New Activity
Types of activities
Support center
Enter your Game Pin
Blog
Premium
English
Español
Français
New Activity
Log in
All the activities
Play Alphabet Game
Print Alphabet Game
O clima
Autor :
Benxa SG / María AG
A
B
C
D
E
F
G
H
I
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
X
Z
Comeza por
A
Instrumento para medir a velocidade do vento.
Comeza por
B
Vento suave.
Comeza por
C
Sensación que percibimos dunha fonte de enerxía quente.
Comeza por
D
Territorio areoso que por falta case permanente de choivas carece de vexetación ou é moi escasa.
Comeza por
E
Acción: fanno algúns animais, sobre todo aves, para buscar lugares con mellores temperaturas.
Comeza por
F
Sensación que percibimos cando a temperatura ambiental é moi baixa.
Comeza por
G
Figura dun ave que en Portugal venden para que sinale o tempo atmosferico segundo a cor que teña. Típico da comarca de Barcelos, no norte Portugués.
Comeza por
H
Acción: feito de disminuír as funcións vitais e pasar o inverno sen actividade física, como durmindo. Propio dalgúns animais, por exemplo das serpes.
Comeza por
I
Estación máis fría do ano. Comeza o 21 de decembro no hemisferio norte.
Comeza por
L
Resplandor intenso e momentáneo, producido nas tormentas eléctricas.
Comeza por
M
Tipo de clima. Característico das zonas bañadas polo mar que leva o seu mesmo nome.
Comeza por
N
Condensación do vapor de auga do aire en contacto co chan, de constitución similar á das nubes, que reduce a visibilidade.
Comeza por
O
Chuvia miúda. Tamén se lle chama así á condensación que aparece pola mañá sobre a vexetación ou obxectos no exterior.
Comeza por
P
Aparello para medir a cantidade de chuvia que cae sobre unha determinada zona.
Comeza por
Q
Acción: Facer que algo aumente a súa temperatura.
Comeza por
R
Conxunto das diferenzas de nivel dunha superficie determinada, especialmente a dun terreo. Neste caso inflúe no seu clima.
Comeza por
S
Chuvia conxelada que cae en forma de grans máis ou menos grandes.
Comeza por
T
Instrumento utilizado para medir temperaturas.
Contén
U
Tipo de clima: caracterízase por ter temperaturas cálidas durante todo o ano (a media anual é superior a 27 ºC) e precipitacións abundantes.
Comeza por
V
Aparello que consta dunha barra vertical fixa e unha peza móbil que se utiliza para indicar a dirección do vento.
Comeza por
X
Fenómeno atmosférico que se produce cando xea e se dan temperaturas inferiores a 0 ºC, polo que se conxela a auga.
Comeza por
Z
Acción: cando o vento produce un ruído xordo e contínuo.