New Activity
Play Quiz
1. 
Os cristiáns consideraban o aseo un luxo innecesario e pecaminoso e os médicos da época desaconsellábano, porque crían que se a auga quente penetraba nos poros podían entrar doenzas. A cultura da auga e do baño entrou na península con...
A.
a invasión musulmana
B.
Camiño de Santiago
C.
os xudeus
2. 
As noivas ao casaren levan un ramo. A tradición remóntase á Idade Media. A razón é que...
A.
casaban en maio e maio é o mes das flores
B.
era unha ofrenda obrigatoria para a Virxe
C.
o costume de bañarse só se facía en maio e o fedor era tal, que había que levar flores para disimulalo
3. 
Un costume que tamén temos da Idade Media é dicir “Xesús!” ao esbirrarmos e colocar a man na boca. Cal é a razón?
A.
porque Xesús esbirrou na cruz tres veces antes de morrer
B.
porque se non pomos a man, os virus espállanse máis
C.
porque se cría que a alma podía escapar, por iso tapaban a boca e invocaban o nome de Deus
4. 
A medicina na Idade Media aínda estaba en fase larvaria. Críase que se alguén estaba enfermo, era por un castigo divino, por iso era tan importante a salvación da alma. Un dos remedios era...
A.
levar varios rosarios no pescozo
B.
ler a Biblia do revés
C.
facer unha infusión cunha pasaxe bíblica e bebela
5. 
A expresión “salvados pola campá” naceu na Idade Media porque...
A.
a campá anunciaba as horas de misa e a misa era a salvación
B.
as persoas, por medo a seren enterradas vivas, eran enterradas cunha campá na man para poder avisar
C.
as portas do ceo, segundo a tradición ebrea, teñen unhas campás
6. 
Nas cantigas, a muller amada recibía o nome de...
A.
senhora
B.
doncela
C.
senhor
7. 
Na Idade Media o galego escribíase tamén coas letras...
A.
ç, -ss-, g, j, y, z
B.
ç, -ss-, g, j
C.
ç, z, g, j
8. 
Un destes libros foi roubado por un empregado da Catedral de Santiago e escondido nun garaxe durante case un ano. Cal é?
A.
o Libro de Tristán
B.
A Crónica Geral
C.
O Códice Calixtino
9. 
Na época medieval as linguas de prestixio para trobar eran...
A.
o galego-portugués
B.
o galego-portugués e o provenzal
C.
o galego-portugués e o véneto
10. 
Nas cantigas de amor, a muller á que se lle canta é...
A.
unha muller casada, dona de todas as virtudes
B.
unha muller solteira
C.
unha muller casada coas súas virtudes e defectos
11. 
As cantigas de amor son unha reinterpretación da teoría...
A.
do amor cortés
B.
da relatividade
C.
do verso libre
12. 
Afonso X era chamado...
A.
o cruel
B.
o xusticeiro
C.
o sabio
13. 
Como continúa esta cantiga? Ondas do mar de Vigo...
A.
bailemos já nós todas tres, ai amigas
B.
tal vai o meu amigo
C.
se vistes meu amigo
14. 
Un trobador era...
A.
un cantante cubano
B.
un membro da nobreza que compuña cantigas e por veces tamén as interpretaba
C.
un membro da pequena fidalguía que só interpretaba as cantigas
15. 
Os cancioneiros da lírica galega medieval consérvanse en...
A.
Lisboa e o Vaticano
B.
Lisboa e Toledo
C.
Lisboa e Santiago
16. 
As cantigas de amor eran de orixe...
A.
provenzal
B.
catalá
C.
celta
17. 
As cantigas de amigo foron escritas por homes. Quen eran os/as protagonistas?
A.
as soldadeiras
B.
os amigos
C.
mulleres namoradas
18. 
Meendinho fixo un poema onde a acción decorre...
A.
Na illa de San Simón
B.
No río Limia
C.
Na illa de Arousa
19. 
Os animais que máis aparecen nas cantigas son...
A.
paxaros e cervos
B.
cervos e cans
C.
cans e paxaros
20. 
O poema “Ondas do mar de Vigo” foi escrito polo poeta medieval...
A.
Pero Meogo
B.
Dom Dinís
C.
Martin Codax
21. 
Pedro Díaz e Muño Vandilaz eran dous homes medievais que...
A.
casaron segundo di o libro Amigos e sodomitas, feito que demostra que a homosexualidade non era penada na Idade Media
B.
loitaron contra o rei de Navarra e foron obxecto de varias cantigas de escarnio pola súa covardía
C.
viaxaron na Santa María rumbo às Américas e descubriron unha illa do Caribe
22. 
Unha “soldadeira” era...
A.
unha bailarina que acompañaba os soldados nas guerras e animaba a cousa entre guerra e guerra
B.
unha muller que soldaba metais
C.
unha muller que facía as partillas dos soldos dos soldados
23. 
O Pergamiño Vindel chámase así por...
A.
Porque o comerciante de libros antigos, Pedro Vindel, o encontrou facendo de forro a un libro de Cicerón
B.
Porque o arqueólogo Pedro Vindel o encontrou na Catedral de Santiago
C.
Porque Pedro Vindel foi quen restaurou a peza
24. 
Despois de estar estes meses en Vigo, o pergamiño volta a...
A.
Santiago
B.
Roma
C.
Nova York
25. 
Este pergamiño é único no mundo por...
A.
ter miniaturas con cor azul, cor daquela moi cara porque proviña do lapislázuli, un mineral moi valioso
B.
a calidade do pergamiño demostra que foi feito con pel dun tipo de cabra hoxe extinta
C.
porque é o único que conserva anotacións musicais
26. 
Macías O Namorado é un poeta medieval orixinario de...
A.
Estramundi de Arriba
B.
Iria
C.
Carcacía