New Activity
Play Crossword Puzzle
1 Persoa que escoita as emisións radiofónicas.
2 Xénero periodístico no que o xornalista lle fai preguntas a unha persoa e esta responde.
3 Xénero periodístico de carácter informativo, que trata con detalle un feito ou un personaxe que resultan de interese durante certo tempo. A ou o xornalista mestura os datos obxectivos coa interpretación e análise e ata opinións e interpretacións persoais.
4 Conxunto de persoas que atende a un programa de radio.
5 Peza editada que serve para abrir un programa.
6 Xénero xornalístico que presenta un feito ou acontecemento moi destacado que o xornalista analiza, interpreta e valora. É, pois, un xénero que mestura información obxectiva e subxectividade da ou do xornalista, que adoita presentar unha orde cronolóxica dos feitos analizados.
7 Estación desde a que se emite.
8 Arquivo multimedia (normalmente de audio) que un usuario ou usuaria pode descargar de internet para reproducilo onde e cando desexe.
9 Profesional da radio ou da televisión encargado de ler as noticias, anunciar e presentar os programas etc.
10 É o texto informativo por excelencia. Dá a coñecer un feito de interese e só informa do feito, sen valoracións nin interpretacións.
11 A radio é un medio de comunicación de...
12 Espazo publicitario breve.
9
6
11
2
10
3
4
12
5
8
1
7