New Activity
Play Alphabet Game
A
B
C
D
E
F
G
I
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
X
Z
Contén  
A
Pequeno mamífero carniceiro da familia dos mustélidos, de patas curtas, corpo alongado e pelame pardo no lombo e branco no peito e no ventre, que se alimenta de ratos, toupas etc.
Contén  
B
Especie de pradaría ou chaira de grande extensión con vexetación herbácea e case desprovista de árbores, propia das rexións tropicais de longa estación seca.
Comeza por  
C
De follas caducas que se renovan cada ano.
Comeza por  
D
Zona seca, de escasa vexetación e con baixa densidade de poboación.
Comeza por  
E
Chaira de grande extensión cunha vexetación dominada por plantas pequenas, propia de zonas frías e secas.
Comeza por  
F
Conxunto dos animais dun país, rexión etc., ou dunha época.
Contén  
G
Bosque de coníferas do norte de Rusia e tamén de América setentrional situado ao sur da tundra
Contén  
I
Árbore da familia das pináceas, de folla perenne en forma de agulla, que ten como froito a piña e como semente o piñón, e do cal existen varias especies.
Comeza por  
L
tipo de foresta húmida subtropical, composta maioritariamente por árbores da familia das lauráceas (loureiros, tilos...)
Comeza por  
M
Mamífero da orde dos primates de cerebro moi desenvolvido, con catro extremidades que rematan en mans, e que descende de antepasados comúns aos da especie humana.
Contén  
N
O piñeiro, o abeto e o cipreste pertencen a esta especie de plantas e arbustos de folla perenne
Comeza por  
O
Lugar con auga e vexetación no medio dun deserto.
Comeza por  
P
Cultivo de varias especies vexetais, que adoita formar parte dunha rotación con cultivos herbáceos anuais, constituído fundamentalmente por unha mestura de gramíneas e leguminosas e que pode ser aproveitado como pasto por sega e pastoreo de xeito indistinto.
Contén  
Q
Mamífero roedor de rabo moi peludo e longo que se cría nos bosques e se alimenta de froitos, insectos, ovos etc. Vai de árbore en árbore.
Comeza por  
R
Mamífero carnívoro salvaxe da familia dos cánidos, que se caracteriza por ter o fociño e as orellas afiadas e o rabo longo e peludo.
Comeza por  
S
Bosque propio de zonas ecuatoriais, de vexetación moi mesta e variada e poboado de moitas especies de animais que viven en total liberdade.
Comeza por  
T
Terreo propio da zona ártica, no que o solo está xeado a maior parte do ano e que se compón basicamente de mofos e liques.
Contén  
U
equeno mamífero da familia dos tálpidos, de corpo cilíndrico e cor negra, coas patas curtas e fortes uñas, coas que escava as galerías en que vive.
Comeza por  
V
Conxunto de vexetais que crecen nun lugar.
Comeza por  
X
Mamífero carniceiro da familia dos félidos propio de América do Sur, semellante ao leopardo, pero de maior tamaño, de pelame amarelo tirando a vermello con manchas negras arredondadas.
Contén  
Z
Arbusto do que existen varias especies moi comúns nos montes de Galicia de follas moi pequenas flores brancas ou malvas tamén miúdas e que alcanza ata os tres metros de altura segundo a variedade de que se trate.