New Activity
Play Alphabet Game
A
B
C
D
E
F
G
H
I
L
M
N
O
P
R
S
T
U
V
X
Z
Comeza por  
A
En plural, parte inferior dunha construción, xeralmente situada baixo a superficie da terra, que a sostén soportando o seu peso.
Comeza por  
B
Pequena abertura na parede ou no teito dunha casa para dar luz, para ventilar ou para saír ao tellado.
Comeza por  
C
Espazo da casa onde se fai lume, polo xeral situado no oco dunha parede, decorado cun marco exterior e provisto dun conduto polo que sae o fume ao exterior.
Contén  
D
Peza de metal que está pendurada da porta e que se bate contra ela para chamar.Sinónimo de chamador.
Comeza por  
E
Estrutura provisional de madeira ou metálica, que serve para andar por ela a certa altura en traballos de construción, reparación ou pintura de edificios, paredes, barcos etc.
Comeza por  
F
Cada unha das caras exteriores dun edificio, excepto o tellado.
Comeza por  
G
Cadea que pendura dunha viga ou elemento similar situado no alto da lareira, cun gancho na parte inferior para suxeitar o pote sobre o lume.
Contén  
H
Recipiente de barro coa barriga e a boca anchas, que se emprega para cociñar.
Contén  
I
Parte máis alta da casa, inmediatamente debaixo do tellado.
Comeza por  
L
Pequena ventá aberta no teito para dar claridade e ventilar. SIN: claraboia.
Contén  
M
Barra que se pon ao longo dunha escaleira para apoiar as mans ao subir ou baixar.
Contén  
N
Conduto que recolle e deita a auga que verte un tellado.
Contén  
O
Plano horizontal en que acaba cada tramo dunha escaleira. SIN: descanso
Comeza por  
P
Parede que pecha a parte inferior dunha ventá.
Comeza por  
R
Lugar ou cuarto pequeno onde se gardan trastes, ferramentas etc.
Comeza por  
S
Corredor ou balcón exterior, con varanda ou galería, orientado de xeito que lle dá o sol gran parte do día.
Comeza por  
T
Cuberta superior dunha casa ou dun edificio, formada por unha estrutura de trabes en pendente, recuberta con tellas, lousas ou outros materiais.
Contén  
U
Cada un dos compartimentos en que se divide unha casa, normalmente non se inclúen a cociña, o baño e o corredor.
Comeza por  
V
Aparello con aspas que ao viraren co vento fan ruído, usado para espantar os paxaros.
Comeza por  
X
Abertura feita nunha parede para deixar pasar a luz e o aire.
Comeza por  
Z
Faixa na parte inferior dunha parede, pintada dunha cor distinta ou feita doutro material.