New Activity
Play Alphabet Game
A
B
C
D
E
F
G
H
I
J
K
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
W
X
Y
Z
Comeza por  
A
Deporte que abrangue varias disciplinas como as carreiras a pé, saltos e lanzamentos.
Comeza por  
B
Deporte en que participan dous equipos de sete xogadores, que deben, coa axuda das mans, introducir a pelota na portaría contraria.
Comeza por  
C
Deporte que consiste en correr en bicicleta.
Contén  
D
Deporte en que se enfrontan dous xogadores, sobre un campo dividido por unha rede, que consiste en golear o volante cunha raqueta.
Comeza por  
E
Deporte no que dúas persoas protexidas por unha careta e un traxe especiais enfróntanse manexando o florete.
Comeza por  
F
Deporte no que participan dous equipos de once xogadores, que deben introducir o balón na portaría contraria.
Comeza por  
G
Xogo que consiste en golpear cun pau unha bóla para introducila cun mínimo de golpes en dezaoito buratos.
Comeza por  
H
Xogo de equipo que se practica sobre herba, xeo ou cemento, que consiste en meter a bóla ou o disco na portaría contraria.
Contén  
I
Deporte náutico en que compiten dúas ou máis piraguas.
Comeza por  
J
Loita xaponesa baseada no emprego de chaves para inmovilizar o contrario ou para desequilibralo e facelo caer.
Comeza por  
K
Loita xaponesa sen armas, baseada en tratar de derribar o contrario mediante golpes secos.
Comeza por  
L
Combate corpo a corpo en que vence o loitador que derruba o adversario.
Comeza por  
M
Deporte que consiste en correr en motocicleta.
Comeza por  
N
Deporte que consiste en nadar.
Contén  
O
Deporte en que participan dous equipos de cinco xogadores, que consiste en xogar un balón coas mans para tratar de introducilo na canastra do equipo contrario.
Comeza por  
P
Deporte que consiste en desprazarse esvarando sobre unha superficie dura e lisa con patíns.
Contén  
Q
Deporte practicado con patíns longos na neve.
Comeza por  
R
Deporte que consiste en remar en embarcacións apropiadas, que adoitan ser longas e estreitas.
Comeza por  
S
Deporte náutico que consiste en manterse en equilibrio sobre unha táboa especial, desprazándose pola zona na que as ondas empezan a romper.
Comeza por  
T
Deporte no que se enfrontan dous xogadores, situados a ambos lados da rede, lánzanse cunha raqueta unha pelota.
Contén  
U
Modalidade de loita xaponesa na que o que toca o chan cunha parte do corpo diferente á planta dos pés ou sae do círculo en que se loita resulta derrotado.
Comeza por  
V
Deporte náutico que consiste en recorrer determinados traxectos con veleiros.
Comeza por  
W
Xogo practicado nunha piscina entre dous equipos de sete xogadores cada un, consistente en introducir o balón coa man na portería contraria.
Contén  
X
Deporte consistente en que dúas persoas se golpeen cos puños, utilizando unhas luvas especiais.
Contén  
Y
Xogo entre dous equipos de quince xogadores, similar ao fútbol. pero cun balón ovalado.
Contén  
Z
Conxunto de movementos que se executan seguindo o ritmo da música e que forman unha peza completa de baile.