New Activity
Play Alphabet Game
A
B
C
D
E
F
G
H
I
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
X
Z
Contén  
A
Contén dúas letras A. Festa celta que se celebra en Galicia.
Contén  
B
Froito de tamaño considerable que se utiliza no Samaín para decorar e meter medo.
Comeza por  
C
En singular: nome do pobo que instaurou esta festa fai moitos anos.
Comeza por  
D
Sacerdote da civilización celta encargado de celebrar o culto, de educar a xuventude e de administrar a xustiza.
Comeza por  
E
País do Reino Unido onde tamén celebran o Samaín.
Comeza por  
F
Diversión ruidosa. Actos de caracter alegre para celebrar algo.
Comeza por  
G
Outro país do Reino Unido onde se celebra o Samaín, por ter tamén orixes celtas.
Comeza por  
H
Conxunto de feitos ocorridos no pasado, que afectan a toda a humanidade ou a unha parte da mesma.
Comeza por  
I
Facultade de formar na mente imaxes de cousas reais ou irreais. Utilizámola para adornar as cabazas.
Contén  
L
Festa americana que moi probablemente ten orixe no Samaín. Algúns estudiosos manteñen que foi levada alí pola emigración.
Comeza por  
M
Festa moi relacionada co Samaín, na que asamos castañas.
Comeza por  
N
Nome do mes que comeza co Samaín.
Comeza por  
O
Estación do ano na que celebramos o Samaín.
Comeza por  
P
Caldo espeso que se fai con verduras ou legumes cocidos e esmagados. Pódese facer con cabaza.
Comeza por  
Q
Expresión de dor, pena ou sufrimento, mediante sons ou palabras. Típico das almas en pena, na tradición galega.
Contén  
R
Muller á que se atribuía un pauto co demo, do que recibía poderes para realizar meigallos, adiviñar o futuro... l
Comeza por  
S
Impresión pasaxeira de medo ou sobresalto, causada por algo que ocorre de maneira inesperada.
Comeza por  
T
Medo moi intenso, extremo.
Contén  
U
Luz e calor producidas polas chamas que se desprenden dunha materia que arde. No Samaín préndese nas velas dentro das cabazas.
Contén  
V
Outro sinónimo de terror, tamén quere dicir: medo intenso
Comeza por  
X
Ser fantástico de enorme tamaño. Normalmente dan medo. En moitas lendas teñen só un ollo.
Comeza por  
Z
Persoa morta que, segundo certas crenzas populares de América central, volve á vida e se move de maneira autómata sen ter conciencia dos seus actos.