New Activity
Play Alphabet Game
A
B
C
D
E
F
G
H
I
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
X
Z
Comeza por  
A
Sinónimo de terraza.
Comeza por  
B
Pequena abertura na parede ou no teito dunha casa para dar luz, para ventilar ou para saír ao tellado.
Comeza por  
C
Cada un dos compartimentos en que se divide unha casa, normalmente non se inclúen a cociña, o baño e o corredor.
Comeza por  
D
Peza da casa destinada a durmir.
Comeza por  
E
Compartimento dunha casa, onde se habita.
Comeza por  
F
Parte máis alta da casa, inmediatamente debaixo do tellado.
Comeza por  
G
Local destinado a gardar vehículos automóbiles.
Comeza por  
H
Persoa que está hospedada nun lugar, ben como invitada, ben pagando.
Contén  
I
Superficie pola que se anda. Sinónimo: chan
Comeza por  
L
Pedra plana situada a pouca altura do chan, onde se fai o lume para cociñar, nas casas tradicionais, e sobre a que adoita ir colocada unha cambota.
Comeza por  
M
Conxunto de mobles que hai ou que se poden pór nun cuarto, nunha casa etc
Contén  
N
Paso dunha escaleira ou dunha escada.
Contén  
O
Sinónimo de alpendre, pendello...
Comeza por  
P
Pequena terraza en que remata a escaleira exterior dunha casa, e que dá acceso ao sobrado ou á vivenda.
Contén  
Q
Asento pequeno, de tres ou catro patas e sen respaldo, que serve para unha persoa.
Comeza por  
R
Plano horizontal en que acaba cada tramo dunha escaleira. sinónimo descanso
Comeza por  
S
Corredor ou balcón exterior, con varanda ou galería, orientado de xeito que lle dá o sol gran parte do día.
Comeza por  
T
Sinónimo de teito.
Contén  
U
Conxunto de utensilios que se empregan na cociña e no servizo da mesa, aínda que non sexan deste material.
Comeza por  
V
Armazón de balaústres, barras ou elementos similares que a modo de protección se coloca en balcóns, escaleiras etc.
Comeza por  
X
Sinónimo de fiestra.
Comeza por  
Z
Faixa na parte inferior dunha parede, pintada dunha cor distinta ou feita doutro material. Sinónimo: rodapé.