New Activity
Play Quiz
1. 
Que é unha localidade?
A.
É unha cidade grande
B.
É un núcleo de poboación
C.
Son os pobos que hai preto do mar
D.
Son os barrios dunha cidade
2. 
En que localidade hai máis servizos?
A.
Nunha vila
B.
Nunha aldea
C.
Nos pobos
D.
Nas cidades
3. 
Onde vive a poboación rural?
A.
Nas aldeas
B.
Nas cidades
C.
En Sarria
D.
Nas vilas
4. 
Segundo a idade dos habitantes, que grupos de poboación hai?
A.
Nenos e maiores
B.
Poboación activa e poboación xubilada
C.
Poboación nova, poboación adulta e poboación anciá
D.
Emigrantes e inmigrantes
5. 
Cando aumenta a poboación?
A.
Cando é maior a natalidade e a inmigración
B.
Cando é maior a natalidade e a emigración
C.
Cando a natalidade e a mortalidade son iguais
D.
Cando hai máis emigrantes que inmigrantes
6. 
Que son os emigrantes?
A.
Persoas que chegan a unha localidade para vivir nela.
B.
Os nosos avós e avoas
C.
Persoas que marchan dunha localidade para vivir noutra
D.
O conxunto de persoas que nacen no mesmo ano
7. 
Que é o concello?
A.
O conxunto de persoas que gobernan un municipio e tamén o edificio onde se reúne o goberno da localidade
B.
Un adificio antigo que hai na praza principal de todas as cidades
C.
As persoas que gobernan un país de menos de 30.000 habitantes
D.
O conxunto de aldeas dunha zona
8. 
Que son os concelleiros?
A.
Persoas que viven nun concello
B.
Persoas que axudan ao alcalde ou alcaldesa a gobernar
C.
Persoas expertas nun tema concreto
D.
As persoas que poden votar
9. 
Cando se celebran eleccións municipais?
A.
Todos os anos
B.
Os anos bisiestos
C.
Cada catro anos
D.
Cando o alcalse se cansa de gobernar
10. 
Quen elixe ao alcalde ou alcaldesa?
A.
As persoas que votan
B.
Os candidatos máis votados
C.
Os traballadores do concello
D.
O Presidente do Goberno
11. 
Que son as ordenanzas municipais?
A.
Leis que se aproban no Goberno Central
B.
As multas que pon a Policía Local
C.
As reunións do pleno municipal
D.
Normas que se aproban no pleno municipal
12. 
Quen fai as tarefas dos distintos servizos municipais (servizo de limpeza, servizos culturais...)?
A.
Os empregados municipais
B.
Os concelleiros
C.
A poboación anciá
D.
O alcalde ou alcaldesa e os concelleiros
13. 
A que servizo pertencen a policía local e os bombeiros?
A.
Aos servizos culturais e de ocio
B.
Aos servizos de protección
C.
Aos servizos de urbanismo
D.
Aos servizos de saneamento
14. 
A que servizo pertence un bibliotecario/a?
A.
Servizos culturais e de ocio
B.
Servizos de protección
C.
Servizos de saneamento
D.
Servizos educativos
15. 
Que é o centro histórico?
A.
Un museo de cousas antigas
B.
Os barrios modernos dunha cidade
C.
A biblioteca máis antiga do país
D.
A zona máis antiga dunha cidade