New Activity
Play Crossword Puzzle
1 Parte da produción agraria que sobra unha vez satisfeita a demanda familiar e que habitualmente se destinaba ao comercio.
2 Grupo social xurdido na Idade Media Plena que se caracteriza pola súa dedicación a actividades artesanais e comerciais nas cidades, e por non estaren sometidos aos señores feudais.
3 Parte da terra que se deixaba sen traballar durante un período de tempo para que se rexenerase.
4 Procedemento polo que se evacúa a cantidade sobrante de auga nun terreo, logrando converter pantanos e marismas en terras de cultivo.
5 Canle pola que se conducen augas para irrigar terreos.
6 Peza de coiro con recheo de palla que supuxo unha importante innovación xa que a diferenza do xugo, permitía aproveitar toda a forza de tiro do cabalo, que substituía así o boi.
7 Construcións que protexen unha zona dos asaltos do mar
8 Documento que regulaba a vida nas cidades medievais: o cobro de impostos, a administración de xustiza ou a defensa militar. Establecía unha serie de dereitos e liberdades que concedían autonomía aos poboadores dos burgos, liberándoos do sometemento aos señores feudais.
2
3
5
6
4
1
8
7