New Activity
Play Alphabet Game
A
B
C
D
E
F
G
H
I
K
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
W
X
Z
Comeza por  
A
Mamífero que se caracteriza por ter a cabeza e o tronco cubertos de placas óseas revestidas de escamas córneas, articuladas de maneira que pode envolverse en forma de bóla en caso de perigo.
Comeza por  
B
Comeza por  
C
Tipo de tartaruga que habita no mar e atópase en perigo de extinción porque é moi fermosa e cázana para usar a súa cuncha para fabricar xoias.
Comeza por  
D
Está considerado como o lagarto vivo máis grande do planeta, so quedan 5000 exemplares.
Comeza por  
E
Conxunto de organismos animais e vexetais que constitúen unha comunidade integrada e o medio natural en que viven.
Comeza por  
F
Familia de mamíferos adaptados a pasar gran parte do tempo no auga. Moi apreciados pola súa pel. É unha das comidas favoritas do oso polar e é protagonista de moitos espectáculos acuáticos.
Comeza por  
G
Mono orde dos primates, moi forte e fero, de corpo robusto, pelame denso e negro, cos brazos longos e musculosos e patas máis curtas, que habita na África ecuatorial. O máis famoso é King Kong.
Comeza por  
H
Mamífero carnívoro gris con manchas ou raias escuras, cunha crina no lombo, que se alimenta sobre todo de animais mortos e do cal existen varias especies. É moi rápido e moi listo, pero moi feo.
Comeza por  
I
Lume de grandes proporcións que se propaga facilmente e que causa importantes estragos.
Comeza por  
K
Animal de pelo gris e marrón e o nariz negro. Gústanlle moito os eucaliptos e parece un peluche. Vive en Australia.
Comeza por  
L
Mamífero carnívoro da familia dos felinos parecido ao gato, pero de maior tamaño que vive na Península Ibérica. É o animal máis silencioso.
Comeza por  
M
Mamífero acuático da orde dos sirenios, de ata uns cinco metros de lonxitude, que vive nos esteiros e na desembocadura dos grandes ríos.
Comeza por  
N
Especie de casa das aves feito de pau e barro para vivir e criar.
Comeza por  
O
Mamífero de cor branca. Ten cinco gadoupas afiadas e curvadas en cada pata que lle serven para agarrarse ao xeo e para cazar. É un dos mellores depredadores do mundo. O desxeo está acabado con eles.
Comeza por  
P
Mamífero das zonas tropicais de Asia e África, de corpo cuberto de escamas superpostas, coa lingua longa e viscosa, sen dentes, e as patas provistas de cinco grandes poutas.
Comeza por  
Q
Ave sagrada da rexión tropical de América.
Comeza por  
R
Mamífero carnívoro, que se caracteriza por ter o fociño e as orellas afiadas e o rabo longo e peludo. É un gran ladrón de galiñas. Moitos cazadores téñeno disecado como trofeo de caza.
Comeza por  
S
Que permite preservar, manter e mellorar a calidade dos recursos e dos equilibrios naturais, así como velar polo futuro.
Comeza por  
T
Ruído producido por unha arma de fogo ao disparar e que acaba coa vida de moitos animais.
Comeza por  
U
Especie de marsupial que habita en bosques de áreas rochosas e escarpadas. Pode medir de 50 a 60 cm. É de cor roxo. A cola e as mans son negras.
Comeza por  
V
Ave de gran tamaño e envergadura que moitas veces se alimenta de cadáveres.
Comeza por  
W
[Pista de audio]
Comeza por  
X
Mamífero carniceiro da familia dos félidos propio de América do Sur, semellante ao leopardo, pero de maior tamaño, de pelame amarela tirando a vermello con manchas negras arredondadas. Hai unha marca de coches que se chama así.
Comeza por  
Z
Tamén coñecido como voitre negro.