New Activity
Play Alphabet Game
A
B
C
D
E
F
G
H
I
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
W
X
Y
Z
Comeza por  
A
Substantivo común abstracto que se refire ao sentimento de confianza e afecto entre amigos e amigas.
Comeza por  
B
Substantivo común, concreto, contable e colectivo que se refire a un conxunto numeroso de aves da mesma especie.
Comeza por  
C
Antónimo de longo.
Comeza por  
D
Unión de dúas vogais nunha mesma sílaba.
Comeza por  
E
Sinónimo de levantar.
Comeza por  
F
Adxectivo masculino que indica o antónimo dunha persoa que é moi traballadora.
Contén  
G
Adxectivo que indica unha sensación desagradable ao gusto. Antónimo de doce.
Comeza por  
H
Substantivo común, abstracto que se refire á calidade ou sentimento dunha persona que é humilde.
Comeza por  
I
Substantivo común, concreto, contable, individual que se refire a unha representación de algo ou dalguén en pintura, escultura, fotografía...
Comeza por  
L
Substantivo común abstracto que se utiliza para indicar a situación daquelas persoas ou animais que non están baixo o dominio de alguén.
Comeza por  
M
Substantivo propio e feminino que utilizamos para recordar unha das formacións de hiato nas palabras.
Contén  
N
Substantivo común, concreto, contable e colectivo que indica un conxunto de animais da mesma especie que andan xuntos como por exemplo os cans.
Contén  
O
Substantivo masculino cuxo nome forma un hiato composto por dúas vogais fortes e que indica un mamífero coas orellas longas e as patas traseiras máis longas que as dianteiras.
Comeza por  
P
Palabra aguda rematada en -s. Substantivo común, concreto, contable, individual que indica a forma máis recomendable para referirnos a unha codorniz.
Comeza por  
Q
Adxectivo que indica o antónimo de frío.
Comeza por  
R
Substantivo común, concreto, contable e colectivo que indica un conxunto de animais, polo xeral ovellas.
Comeza por  
S
Substantivo común, concreto, incontable e masculino que se utiliza para botar nas comidas para que non estean sosas.
Comeza por  
T
Antónimo de ledo.
Comeza por  
U
Substantivo masculino que indica o órgano produtor de leite que teñen varios mamíferos femias entre as patas posteriores.
Comeza por  
V
Substantivo común, concreto, contable e colectivo que indica un conxunto de pratos, vasos...
Contén  
W
Substantivo común, concreto, contable e individual que indica un froito coa pel de cor marrón cuberta de peluxe e carne de cor verde con pebidas negras moi pequenas.
Comeza por  
X
Substantivo común, concreto, contable, individual que indica un obxecto que se emprega para escibir en superficies como o encerado.
Comeza por  
Y
Letra do alfabeto castelán que en galego NON EXISTE.
Contén  
Z
Substantivo común, concreto, incontable que indica unha comida cuxa planta se dá en terreos moi húmidos e que ten como froitos grans que son os que se comen tras a súa cocción.