New Activity
Play Quiz
1. 
No XIX, tras as Revolucións, temos unha nova sociedade de...
A.
Estamentos
B.
Grupos
C.
Estados
D.
Clases
2. 
As Revolucións Liberais beneficiaron moito aos burgueses. En cal das seguintes liberdades non se amosaron moi interesados?
A.
Dereito inviolable á propiedade privada
B.
Acceso libre para ocupar cargos públicos
C.
Sufraxio Universal
D.
Liberdade económica
3. 
En 1841, o 50% dos ingleses estaban en paro: a quen sinalaban como responsable do desemprego?
A.
A Kropotkin
B.
Ás máquinas
C.
Aos anarquistas
D.
Ao Parlamento
4. 
No teu libro hai un texto cunha noticia sobre unha revolta ludita nunha fábrica galega de tabaco (a da imaxe) na que traballaban 4.000 muilleres. Onde estaba situada?
A.
En Vigo
B.
En Tui
C.
En Lugo
D.
Na Coruña
5. 
Cal foi a primeira forma de protesta obreira política?
A.
O cartismo
B.
O ludismo
C.
O Sindicalismo
D.
O internacionalismo
6. 
Lembras a película que vimos? Sinala cal dos seguintes elementos NON era un risco para a integridade dos traballadores:
A.
O uso de mercurio
B.
Os entibados
C.
O grisú
D.
A neumoconiose (ou silicose)
7. 
O Socialismo Utópico ensaiou a construción de comunidades ideais chamadas Falansterios. Sabes quen foi o seu teórico principal?
A.
Joaquín Abreu
B.
Fournier
C.
Charles Fourier
D.
Gran Wyoming
8. 
Segundo o marxismo, que fase permitiría acelerar a desaparición da Sociedade Capitalista e a súa substitución por unha Sociedade Comunista?
A.
O Materialismo Histórico
B.
A Loita de Clases
C.
A Ditadura do Proletariado
D.
A plusvalía
9. 
Que houbese un Día do Traballador no mundo foi unha das súas demandas. Por iso, cada 1 de Maio, escóitase aínda o seu himno. A que Asociación me refiro?
A.
A II Internacional
B.
A Internacional Anarquista
C.
A Trade Union
D.
A I Internacional
10. 
Que acontecemento fixo que a II Internacional se extinguira, ao romper os lazos solidarios dos obreiros?
A.
O asasinato da emperatriz Sissi
B.
A subida ao poder de Hitler
C.
O estalido da Gran Guerra
D.
A Comuna de París