New Activity
Play Alphabet Game
A
B
C
E
F
L
M
O
P
Q
R
T
U
V
X
Comeza por  
A
Muller que aconsella en asuntos xurídicos e nos procesos xudiciais defendendo unha das persoas implicadas.
Comeza por  
B
Utensilio de cociña, manual ou eléctrico, para mesturar e bater ovos, masas e outros alimentos.
Comeza por  
C
Profesional ao que acudirías para encargarlle a construción completa da casa, xa que se ocuparía de contratar a todos os profesionais necesarios.
Comeza por  
E
Persoa que ten por oficio facer mobles, traballando xeralmente con madeiras nobres.
Comeza por  
F
Persoa que se encarga de instalar, revisar e reparar os sistemas de condución de auga e de gas nos edificios.
Comeza por  
L
Persoa que rexenta unha libraría ou vende libros.
Comeza por  
M
Muller que crea modelos ou vestidos orixinais de alta costura.
Comeza por  
O
Persoa que traballa nunha oficina.
Comeza por  
P
Peza de metal cun oco no centro, labrado en espiral, onde se enrosca o parafuso.
Contén  
Q
Persoa que realiza planos da casa.
Contén  
R
Persoa que ten por oficio labrar pedras para a construción.
Comeza por  
T
Instrumento eléctrico cunha broca de aceiro para facer buracos.
Contén  
U
Utensilio que consta dun mango longo e unha pa oval no extremo, usado para levar á boca líquidos ou substancias pouco consistentes.
Comeza por  
V
Persoa que verniza portas, parqués, mobles...
Comeza por  
X
Instrumento sanitario que consta dun tubo, dentro do que escorrega un émbolo, e que vale, a modo de bomba, para extraer líquidos do organismo ou para inxectalos, se se lle aplica unha agulla oca.