New Activity
Play Alphabet Game
A
B
C
D
E
F
G
H
I
K
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
Z
Comeza por  
A
Instrumento musical de forma triangular, con cordas colocadas de modo vertical, que se tocan cos dedos das dúas mans.
Comeza por  
B
Instrumento musical, formado por unha caixa redonda coas bases de pel, que se toca batendo nelas cunhas mazas.
Comeza por  
C
Instrumento musical formado por un par delas que se tocan unha contra a outra.
Contén  
D
Instrumento musical de percusión composto por un arco de madeira en forma de rectángulo sobre o que se suxeita unha pel estirada, que se toca golpeándoo coas mans, os cotenos etc.
Comeza por  
E
Técnica de rexistro e reprodución do son de xeito que permita dar a impresión de relevo acústico.
Comeza por  
F
Instrumento musical de vento formado por un tubo oco con varios buratos.
Comeza por  
G
Instrumento musical de vento que consta dun fol, que se enche soprando, e de varios tubos de madeira por onde sae o aire. ao premer o fol entre o brazo e o costado.
Comeza por  
H
Composición musical destinada a ser cantada en honra e loanza de algo ou de alguén e que se converte en símbolo dunha comunidade de persoas, dun ideal etc.
Contén  
I
Movemento da música rap xurdido nos barrios marxinais de Nova York, caracterizado por manifestacións como a música rap, os graffiti, o breakdance e a música semicantada dos picadiscos.
Contén  
K
Música lixeira xurdida entre 1950 e 1960 nos EE.UU., confluencia da música popular negra e do folclore norteamericano branco. Predominan o aspecto rítmico e os instrumentos amplificados electricamente.
Contén  
L
Conxunto das teclas dun instrumento musical
Comeza por  
M
Aparello eléctrico que transforma os sons en vibracións eléctricas e pode transmitilos e amplificalos.
Contén  
N
Estilo de rock and roll, xurdido en Londres contra 1975, de carácter provocador e subversivo que propugnaba o antiestético e os praceres inmediatos.
Contén  
O
Música lixeira xurdida na década de 1960, resultado da evolución do rock and roll e da súa mestura con outros estilos. Caracterízase polo uso instrumental eléctrico, en especial da guitarra.
Comeza por  
P
Pandeiro pequeno e redondo con ferreñas, que se toca movéndoo cunha man e golpeándoo contra a outra.
Contén  
Q
Frauta pequena dunha soa chave.
Contén  
R
Aparello utilizado para producir música.
Comeza por  
S
Instrumento musical de vento formado por un tubo de metal en forma de cono, curvado coma un u.
Comeza por  
T
Instrumento musical popular formado por dúas pezas planas de madeira, pequenas e alongadas, que se encaixan entre os dedos e se tocan baténdoas unha contra a outra.
Contén  
U
Instrumento musical semellante á guitarra, pero máis pequeno, de seis cordas dobres, que se toca cun plectro.
Comeza por  
V
Instrumento musical de madeira dotado de catro cordas, que se toca fretando estas cun arco e que se coloca entre o ombreiro esquerdo e o queixo.
Comeza por  
Z
Instrumento musical de corda con teclado, que funciona mediante unha manivela que fai xirar un disco de madeira impregnado en resina que ao fretar as cordas produce o son.