New Activity
Play Alphabet Game
A
B
C
D
E
F
G
I
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
X
Comeza por  
A
Lugar destinado para aparcar.
Comeza por  
B
Espazo nas marxes dunha rúa, cunha certa elevación sobre o nivel desta, para que circulen os peóns.
Comeza por  
C
Parte dunha rúa ou dunha estrada reservada ao tránsito dos vehículos, situada entre dúas beirarrúas ou beiravías.
Contén  
D
Pedra moi grande que sobresae na terra ou no mar.
Comeza por  
E
Muro perpendicular á beira dun río ou do mar construído como protección ou para cambiar a dirección das correntes.
Comeza por  
F
Caixa de vidro portátil ou fixa a un poste ou parede, cunha luz dentro para alumar, que pode ser de combustión (de gas, de petróleo, de aceite) ou eléctrica.
Comeza por  
G
Máquina dotada dun brazo xiratorio que permite levantar e mover grandes pesos dentro do raio que este brazo alcanza.
Comeza por  
I
Embarcación de recreo, que pode navegar con vela ou a motor.
Comeza por  
L
Embarcación pequena, a remos ou a motor, máis grande ca o bote que se emprega na pesca costeira.
Comeza por  
M
Cuberta, polo xeral de vidro con soporte metálico, colocada nas terrazas dos cafés, entradas de edificios públicos, paradas de autobús e estacións de ferrocarril, destinada a protexer do sol e das inclemencias do tempo.
Contén  
N
Caixa moi grande de metal, madeira, plástico ou doutros materiais, utilizada para o transporte de mercancías, para a recollida de lixo etc.
Contén  
O
Construción na marxe dun río ou do mar, que polo xeral forma parte dun porto e que se utiliza principalmente para facilitar o embarque e desembarque de persoas e mercancías e para abrigo das embarcacións.
Comeza por  
P
Embarcación que se dedica á pesca.
Contén  
Q
Barco de gran tamaño e solidez de certa importancia pola misión a que é destinado e polas longas travesías que se poden realizar con el.
Comeza por  
R
Curso de auga moi pouco abundante, regueiro pequeno.
Comeza por  
S
Cousa que é utilizada para indicar algo ou que por si soa indica algo.
Comeza por  
T
Remolque longo para transporte por estrada
Contén  
U
Movemento rápido en forma de espiral dunha masa de auga, aire etc.
Comeza por  
V
Entidade de poboación máis pequena ca a cidade e máis grande ca a aldea, que en Galicia adoita ter un núcleo urbano e ser o centro económico e administrativo dun concello ou dunha comarca.
Contén  
X
Lugar onde se fan operacións de compra e venda, especialmente de peixe e marisco fresco.