New Activity
Play Alphabet Game
A
B
C
D
E
F
L
M
N
P
Q
R
S
T
X
Comeza por  
A
Resumo ou notas que se toman sobre algo que se le, observa ou oe.
Comeza por  
B
Papeleta ou caderno en que constan as cualificacións e outros datos dun alumno ou alumna.
Comeza por  
C
Conxunto de follas de papel, unidas de diversas formas, que se utilizan para escribir nelas.
Comeza por  
D
Exercicio escolar no que o mestre lles dita un texto aos alumnos, como práctica destinada á aprendizaxe da ortografía.
Comeza por  
E
Superficie lisa e ríxida, sensible ou non, ao tacto, onde se proxeca o sinal dun vídeo proxector conectado a un ordenador e desde a que se pode controlar o ordenador ,facer anotacións, así como, gardalas, imprimilas...
Contén  
F
Traballo ou exercicio que debe facerse nun tempo determinado e que o profesor ou profesora pode mandar facer na casa.
Comeza por  
L
Instrumento para escribir, debuxar ou pintar, formado por unha fina barra de grafito ou doutro material, recuberta por unha envoltura de madeira.
Comeza por  
M
Rama do saber que é obxecto de estudo escolar.
Comeza por  
N
Cualificación en cifra ou en letra que o profesor dá a un alumno por un traballo, exame etc., segundo unha escala previamente establecida.
Comeza por  
P
Aparello que concentra e dirixe os raios de luz na dirección desexada e que se usa para reproducir imaxes amplificadas sobre unha pantalla.
Comeza por  
Q
Tempo en que lle corresponde a unha persoa facer, recibir ou usar algunha cousa, segundo unha repartición previa.
Comeza por  
R
Escrito ou discurso breve en que están contidos os puntos esenciais dun máis extenso.
Comeza por  
S
Nome escrito pola propia persoa en documentos, xeralmente acompañado de rúbrica para indicar que son auténticos.
Comeza por  
T
Profesor responsable da orientación dun alumno ou grupo de alumnos na súa educación.
Comeza por  
X
Arxila branca rica en calcio que, entre outros usos, se emprega preparada en barriñas para escribir en certas superficies.