A aulaOnline version Identifica o vocabulario do campo semántico da aula das seguintes definicións. by María Domínguez A B C D E F L M N P Q R S T X Comeza por A Resumo ou notas que se toman sobre algo que se le, observa ou oe. Comeza por B Papeleta ou caderno en que constan as cualificacións e outros datos dun alumno ou alumna. Comeza por C Conxunto de follas de papel, unidas de diversas formas, que se utilizan para escribir nelas. Comeza por D Exercicio escolar no que o mestre lles dita un texto aos alumnos, como práctica destinada á aprendizaxe da ortografía. Comeza por E Superficie lisa e ríxida, sensible ou non, ao tacto, onde se proxeca o sinal dun vídeo proxector conectado a un ordenador e desde a que se pode controlar o ordenador ,facer anotacións, así como, gardalas, imprimilas... Contén F Traballo ou exercicio que debe facerse nun tempo determinado e que o profesor ou profesora pode mandar facer na casa. Comeza por L Instrumento para escribir, debuxar ou pintar, formado por unha fina barra de grafito ou doutro material, recuberta por unha envoltura de madeira. Comeza por M Rama do saber que é obxecto de estudo escolar. Comeza por N Cualificación en cifra ou en letra que o profesor dá a un alumno por un traballo, exame etc., segundo unha escala previamente establecida. Comeza por P Aparello que concentra e dirixe os raios de luz na dirección desexada e que se usa para reproducir imaxes amplificadas sobre unha pantalla. Comeza por Q Tempo en que lle corresponde a unha persoa facer, recibir ou usar algunha cousa, segundo unha repartición previa. Comeza por R Escrito ou discurso breve en que están contidos os puntos esenciais dun máis extenso. Comeza por S Nome escrito pola propia persoa en documentos, xeralmente acompañado de rúbrica para indicar que son auténticos. Comeza por T Profesor responsable da orientación dun alumno ou grupo de alumnos na súa educación. Comeza por X Arxila branca rica en calcio que, entre outros usos, se emprega preparada en barriñas para escribir en certas superficies.