New Activity
Play Alphabet Game
A
B
C
D
E
F
G
H
I
J
K
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
W
X
Y
Z
Começa com  
A
Cantora portuguesa de fado recoñecida internacionalmente, sendo a fadista máis nova en ser nominada a un Premio Edison holandés.
Começa com  
B
Xénero musical que nace a partir da música popular brasileira de mediados do século XX, con claras influencias do samba e tamén do jazz.
Começa com  
C
País de Africa que constitúe un arquipélago situado fronte ás costas do Senegal, cuxo idioma oficial é o portugués, a súa capital é Praia.
Começa com  
D
Perder a ilusión ou sufrir unha decepción. Desenganar, decepcionar.
Começa com  
E
Nome do dicionario máis completo na rede elaborado polo profesor Isaac Alonso Estraviz, que constitúe unha adaptación da norma histórica e etimolóxica da lingua galego-portuguesa.
Começa com  
F
Nome dado en Brasil ao asentamento ou barrio precario que medra dentro ou nos arredores dunha das grandes cidades do país.
Começa com  
G
Nome co que popularmente se denomina no Brasil unha muller que está entre a infancia e a xuventude. Moza.
Começa com  
H
Autor imaxinario con personalidade diferenciada da do propio creador. Fernando Pessoa usou varios.
Começa com  
I
Comida que esta moi boa, deliciosa, suculenta. Manxar, delicia.
Começa com  
J
Apelido do cantante e compositor de nome Tom, considerado un dos pais da bossa nova e creador da canción mundialmente coñecida da "Garota de Ipanema".
Começa com  
K
Estilo musical nacido nos anos 90 nos barrios populares de Luanda (capital de Angola) e que adquiriu fama internacional.
Começa com  
L
Persoa natural de Portugal. Portugués.
Começa com  
M
Nome do escritor mozambicano apelidado Couto, coñecido internacionalmente por obras como "Jerusalém" ou "Terra sonâmbula".
Começa com  
N
Nome da escritora brasileira de ascendencia galega apelidada Piñón, autora da novela "A República dos Sonhos", inspirada na dura experiencia vital dos emigrantes galegos no Brasil.
Começa com  
O
Árbore moi cultivada no sur de Portugal, de cuxos froitos, tamén ulilizados na alimentación, se extrae aceite.
Começa com  
P
Evitar gastos excesivos. Economizar, aforrar.
Começa com  
Q
Nome co que é popularmente coñecida a quinta situada en Coimbra, sinalada como o escenario do romance prohibido entre o Rei Pedro I con Dona Inés de Castro, e na que esta última foi asasinada.
Começa com  
R
Rechazar unha cousa por considerala ineficaz ou inadecuada. Rexeitar.
Começa com  
S
Nación insular africana de lingua oficial portuguesa, moi próxima da liña do Ecuador, e cuxa capital é São Tomé.
Começa com  
T
Trío musical brasileiro formado polos compositores Marisa Monte, Arnaldo Antunes e Carlinhos Brown.
Começa com  
U
Bramido ou ruxido de algunhas feras. Berro.
Começa com  
V
Apelido dun dos máis internacionais compositores brasileiros cuxo nome é Caetano, irmán da tamén mundialmente coñecida cantora e compositora Maria Bethânia.
Contém  
W
Nome do principal río de Angola, que dá nome ademais á moeda do país.
Começa com  
X
Pano ou tecido fino que se usa como abrigo ou adorno para tapar os ombreiros.
Contém  
Y
Nome da cantora e compositora caboverdiana apelidada Andrade, recoñecida pola súa moderna reinterpretación da morna tradicional de Cabo Verde, mesturada con outros ritmos da lusofonía como a modinha brasileira ou o fado portugués.
Começa com  
Z
Nome do último dos líderes do Quilombo dos Palmares que loitou na segunda metade do século XVII polos dereitos dos escravos negros fuxidos da explotación nas facendas e plantacións brasileiras..