Froggy Jumps Os animais invertebrados MGBOnline version Froggy Jump para o alumnado de 1º de ESO sobre os animais invertebrados. by Miriam MC 1 Baixo que nome se agrupan animais tan dispares como o caracol, a lesma, as ameixas e as luras? a Cefalópodos b Gasterópodos c Moluscos 2 Cal das seguintes características non define aos artrópodos? a Teñen apéndices articulados b Teñen simetría radial c Poden sufrir metamorfose 3 En cantas partes simétricas se pode dividir un equinodermo conservando os mesmos órganos en cada parte? a Tres b Ningunha c Cinco 4 Cal é o significado da palabra "equinodermo"? a Pel con espiñas b Forma de cabalo c Moitos pés 5 Cantas cunchas posúen os moluscos bivalvos? a Catro b Dúas c Cinco 6 Os cnidarios coma os corais teñen unhas células chamadas "cnidocitos". Cal é a súa función? a Producir picaduras ás súas presas b Unirse a outras especies por simbiose c Xerar os espermatozoides 7 As esponxas son animais habitualmente mariños e tamén sésiles, é dicir... a Viven adheridos ao terreo b Teñen unha reprodución asexual c Agrúpanse formando arrecifes 8 Os poríferos teñen unha cavidade oca chamada atrio e un orificio que o comunica co exterior chamado... a Pólipo b Ósculo c Opérculo 9 As medusas pertencen ao grupo dos... a Cnidarios b Moluscos c Anélidos 10 Os seguintes moluscos teñen picos duros, son mariños, cabeza e ollos grandes e cuncha interna a Gasterópodos b Bivalvos c Cefalópodos 11 Os caracois teñen un aparato bucal chamado a Raspador b Ganglio c Rádula 12 Cal dos seguintes animais é bivalvo? a Ameixa b Caracol c Sambesuga 13 Os invertebrados son un gran conxunto de animais cunha característica en común. Cal? a Son autótrofos b Son mariños c Carecen de columna vertebral 14 Algúns anélidos teñen repartidos polo seu corpo uns pelos que lles permite moverse. Chámanse... a Quetas b Cnidocitos c Flaxelos 15 A sambesuga é un... a Anélido b Nematodo c Molusco 16 Que característica da nome aos anélidos? a A súa simetría bilateral b O seu corpo con aneis c O seu movemento en zigzag 17 Os vermes co corpo brando, alongado e aplanado son... a Platelmintos b Anélidos c Cnidarios 18 O termo "cefalópodo" significa... a Pés grandes b Pés na cabeza c Cabeza que expulsa auga 19 A tenia pertence ao grupo de... a Nematodos b Moluscos c Platelmintos 20 Con que nome se coñecen habitualmente aos animais poríferos? a Estrelas de mar b Medusas c Esponxas