Froggy Jumps Que sabemos das plantasOnline version Xogo de afianzamento de conceptos sobre as plantas. by Benxa SG / María AG 1 Unha destas respostas é falsa, cal? a Fabrican elas mesmas o seu alimento b Non se poden desprazar dun sitio a outro c Teñen só un sentido, o do tacto 2 Cal destas plantas ten flores? a Fento b Musgo c Piñeiro 3 Escolle a definición de "ÁRBORES" a Planta con talo leñoso, teñen tronco principal. b Planta con talo leñoso, sen tronco principal. c Planta con talo herbáceo, delgado e flexible. 4 A xesta, polo tipo de talo, de que tipo é? a Herbáceo b Árbore c Arbusto 5 Cal é a función principal da raíz dunha planta? a Fixar a planta ao chan e absorver auga e sales minerais para alimentala. b Soster as follas da planta. c Desenvolver a fotosíntese. 6 O "carballo"... a É unha árbore e ten flores. b É un arbusto c É unha herba 7 O "mofo"... a Planta que non ten raíces nen flores b Planta que ten raíces, pero non ten flores c Planta con raíces e con flores 8 Que é a "clorofila"? a O líquido que absorben as raíces das plantas para alimentalas. b Substancia de cor verde que se atopa nas follas das plantas. c Gas que desprenden as plantas ao respirar. 9 Definición de: "ESTAMES" a Parte da flor formado por pequenas follas de cor verde chamadas "sépalos" b Filamentos que conteñen os grans de polen das flores. c Órgano da flor en forma de botella que contén os óvulos. 10 A parte da folla que a une co talo ou cunha póla, chámase... a Limbo b Pecíolo c Nervio