Froggy Jumps Materia e Enerxía. 4º PrimariaOnline version Trata sobre a materia (que é, as súas propiedades, os materiais...) e a enerxía (que é, a súas formas, as súas fontes e usos...). by Mª José Sánchez Ruibal 1 Que é a materia? a A materia é aquilo do que están formadas todas as cousas. b O espazo que ocupa un obxecto. c Os recursos naturais que utiliza o ser humano. 2 Cales son as propiedades xerais da materia? a Volume e peso. b Masa e volume. c Peso e lonxitude. 3 Cales son os estados da materia? a Sólido, líquido e gasoso. b Sólido, líquido e transparente. c Sólido e líquido. 4 Cal pode ser a orixe dos materiais naturais? a Orixe animal e vexetal. b Orixe animal e mineral. c Orixe animal, vexetal e mineral. 5 Que son as materia primas? a Os recursos naturais que o ser humano utiliza para elaborar produtos. b Os materiais que se atopan directamente na natureza. c Os recursos fabricados polo ser humano a partir dos materiais naturais. 6 En que unidades de medida adoita expresarse a masa? a En metros ou centímetros. b En quilogramos ou gramos. c En litros. 7 Cales son algunhas das propiedades específicas dos materiais? a Volume e masa. b Olor, dureza, cor, magnetismo, textura... c Masa e textura. 8 Que científico grego estudou a flotabilidades dos obxectos nos líquidos? a Newton b Arquímedes c Einstein 9 Que tipo de enerxía xera unha pila? a Química. b Eléctrica. c Mecánica. 10 Cal destes obxectos funciona con enerxía eléctrica? a b c 11 Que outro nome recibe a enerxía térmica? a Enerxía eléctrica b Enerxía calorífica c Enerxía nuclear 12 Tres exemplos de enerxías non renovables son: a O petróleo, o gas natural e o sol. b O gas natural, o carbón e o vento. c Ningunha é correcta. 13 Que dúas formas de enerxía nos chegan do sol? a Enerxía luminosa e enerxía térmica. b Enerxía luminosa e enerxía nuclear. c Enerxía térmica e enerxía eléctrica. 14 Que cambios pode producir a calor na materia? a Só cambios no seu estado. b Cambios de estado, de volume e de temperatura. c Non produce cambio ningún. 15 Como podemos aforrar enerxía? a Abrindo a miúdo a porta da neveira b Deixando luces acendidas sen facer falta c Poñendo a lavadora chea de roupa 16 Que significan os chamados 3R? a Reducir, reciclar e reutilizar. b Reducir, reciclar e recambiar. c Ningunha é correcta.