Froggy Jumps
Actividade de repaso de IPE/FOL para a xornada e a súa retribución
1
Que condición se debe cumprir para que o salario en especie sexa válido?
2
Cal sería unha infracción respecto ao pago dun salario en especie?
3
Cal destas situacións supón unha retribución en metálico e NON en especie?
4
Se unha persoa traballadora ten unhas retribucións salariais anuais de 30.000 €, cal sería o máximo que podería recibir en especie?
5
A distribución irregular da xornada sen pacto previo:
6
Un contrato de 20 horas semanais pode incluír horas extraordinarias?
7
Se unha persoa traballadora realiza 85 horas extraordinarias nun ano, que ocorre?
8
Que prazo máximo ten a empresa para compensar as horas extraordinarias con descanso segundo o Estatuto dos Traballadores?
9
Canto tempo de preaviso debe dar unha empresa para que unha persoa traballadora realice horas complementarias pactadas?
10
Cantas horas diarias pode traballar unha persoa considerada traballadora nocturna?
11
Unha estudante pode solicitar prioridade na elección de quenda de traballo?
12
Un menor de 18 anos pode traballar en quenda nocturna?
13
En que sector dos seguintes existe ampliación da xornada laboral por normativa especial?
14
O descanso entre xornadas pode reducirse por cambio de quenda?
15
Que documento debe entregar a empresa sobre a as horas complementarias realizadas?
16
Cal é o horario considerado como traballo nocturno segundo o Estatuto dos Traballadores?
17
Que porcentaxe máxima de horas complementarias pactadas se poden requirir nun contrato a tempo parcial sen regulación por convenio colectivo?
18
En principio, cantas semanas consecutivas como máximo pode unha traballadora estar na quenda de noite?
19
Cal é o tempo mínimo de descanso obrigatorio durante a xornada laboral cando se superan as 6 horas seguidas de traballo efectivo?
20
Nun contrato a tempo parcial, cal é a porcentaxe máxima de horas complementarias voluntarias que se poden ofrecer reguladas por convenio colectivo?
21
Que circunstancia permite reducir o descanso mínimo entre xornadas ata 7 horas?
22
En que situación as horas extraordinarias poden ser obrigatorias para a traballadora?
23
Que requisito deben cumprir as traballadoras nocturnas para ser consideradas como tales?
24
Que particularidade teñen as xornadas especiais de traballo en cámaras frigoríficas de conxelación?
25
En que casos específicos se poden realizar horas extraordinarias nun contrato a tempo parcial?
26
Sinala a afirmación incorrecta en relación coas horas extraordinarias ordinarias:
27
Unha persoa menor de 18 anos:
28
O inicio do tempo de traballo computa:
29
En xeral, o Estatuto dos Traballadores regula que as persoas traballadoras deben descansar entre xornadas:
30
Cal é a duración mínima do descanso semanal ininterrompido ao que ten dereito o persoal traballador, acumulable por períodos de ata catorce días, segundo o artigo 37 do ET?
31
Canto tempo de permiso retribuído ten a persoa traballadora en caso de matrimonio ou rexistro de parella de feito?
32
En caso de falecemento dun familiar de segundo grao de consanguinidade, cantos días de permiso retribuído corresponden á persoa traballadora, e como se amplía este prazo se precisa desprazamento?
33
Que dereito ten a persoa traballadora para o cumprimento dun deber inexcusable de carácter público e persoal, como pode ser formar parte dun xuízo popular?
34
No caso de nacemento, adopción, garda con fins de adopción ou acollemento, canto tempo de ausencia do traballo ten a persoa traballadora para o coidado do lactante ata que este cumpra nove meses?
35
Como pode a persoa traballadora que exerce o dereito de ausencia por coidado do lactante substituír esta hora diaria?
36
Cal é o máximo de redución de xornada ao que ten dereito a persoa traballadora que, por razóns de garda legal, teña ao seu cargo directo algún menor de doce anos?
37
Que é o Salario Mínimo Interprofesional (SMI)?
38
Como se calcula o SMI cando se prestan servizos a tempo parcial?
39
O SMI pode ser diminuído mediante salario en especie?
40
Se unha persoa traballadora necesita ausentarse do traballo para a realización de exames prenatales, que dereito ten?
41
Que debe facer a persoa traballadora para ausentarse do traballo por motivos familiares urxentes?
42
Para o cálculo do SMI, que período temporal se ten en conta?
43
Que implica que o SMI sexa "inembargable"?
44
Se a empresa é impuntual no pago do salario de forma continuada, que dereito pode exercer a persoa traballadora?
45
A empresa está obrigada a utilizar o modelo oficial de recibo de salario (nómina)?
46
Como se calcula o embargo sobre o salario da persoa traballadora?
47
En caso de débedas legais alimenticias, que pode determinar o xulgado ou tribunal en relación co embargo do salario?
48
As indemnizacións por despedimento son consideradas salario para efectos de embargo?
49
Que é o "superprivilexio" salarial que regula o artigo 32 do ET?
50
Que é o "privilexio refaccionario" en relación co cobro dos salarios?
51
Cal é o prazo para exercitar os dereitos de preferencia de cobranza dos salarios?
52
Que é o Fondo de Garantía Salarial (FOGASA)?
53
Que requisitos deben cumprirse para que o FOGASA pague as débedas salariais dunha empresa?
54
Que conceptos non inclúe o FOGASA no pago das débedas salariais?
55
Que información debe mostrar a empresa de maneira clara na nómina?
56
Que tipo de retribucións poden ser consideradas "salario en especie"?
57
Que cotizacións á Seguridade Social se deducen do salario da persoa traballadora?
58
Cantas pagas extraordinarias debe percibir como mínimo a persoa traballadora ao ano, segundo o ET?
59
Que son os "devengos" na nómina?
|