Matching Pairs NutrintesOnline version O xogo trata de relacionar os tipos de nutrintes coa súa correspondente definición. Este recurso está dirixido ao alumnado de 3º de Primaria e orientado a traballar o contido de "clasificación dos alimentos en función dos seus nutrintes", así como ao estándar de avaliación correspondente. Ambos incluídos no currículo de terceiro de primaria e presentes no bloque 2: o ser humano e a saúde. Ademais, tamén se fomenta a competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT). Considero este recurso útil posto que non só axuda ao alumnado a clasificar os alimentos segundo os seus nutrintes, senón que tamén lles axuda a ter unha definición clara de cada dos nutrintes. Este recurso carece de créditos posto que nel non están empleados recursos doutros autores. by Sheila Pousa Rodriguez 1 Proteínas 2 Hidratos de carbono 3 Grasas 4 Vitaminas Este nutrintes son os que nos constrúen e nos permiten medrar ben, atópanse nos peixes, carnes, lácteos, ovos e legumes. Aportan enerxía e están presentes en alimentos como: mel, azucre, froitas, pan, cereais, pastas e legumes. En pequenas cantidades favorecen a un bo estado de saúde, colaboran coas anteriores na súa asimilación e contribúen a estar sans. A súa falta produce a avitaminosis. Abundan en froitas, verduras e lácteos. Aportan enerxía, poden ser de orixe animal (manteiga, embutidos, etc.) e de orixe vexetal como o aceite de oliva, xirasol.