Matching Pairs Científicas galegas!Online version Une cada unha das imaxes co seu nome correspondente. Actividade creada para o alumnado de 5ºEP no contexto da materia Ensino e Aprendizaxe das Ciencias Experimentais I Jorge Varela Otero USC by Xurxo Varela 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 MARÍA JOSÉ ALONSO, farmacéutica, catedrática e académica especializada no campo das nanopartículas como vehículo de medicamentos. É unha das científicas máis influíntes de España. ALICIA ESTÉVEZ TORANZO, pontevedresa especializada en patoloxías que afectan aos peixes (ictiopatoloxías). AÍDA FERNÁNDEZ RÍOS, bióloga viguesa membro da Real Academia Galega de Ciencias. ISABEL ZENDAL, enfermeira e reitora do Hospital da Caridade da Coruña. Participou na expedición filantrópica da vacina de Xavier Balmis. Levou a vacina da varíola aos territorios españois de ultramar. MANUELA BARREIRO, farmacéutica, primeira muller licenciada pola Universidade de Santiago de Compostela, no ano 1901. ÁNGELES ALVARIÑO, zoóloga, oceanógrafa e mestra que liderou o comezo da investigación oceanográfica global. Naceu en Serantes, Ferrol. BEGOÑA VILA, astrofísica viguesa que traballou para a NASA ou a Axencia Espacial Canadense. ANTONIA FERRÍN, ourensá matemática e astrónoma. EUGENIA PEREIRA, de profesión hixienista dental, Doutora en Ciencia e Farmacia. MARÍA TARSY CARBALLAS, científica galega pioneira no estudo da xénese, clasificación e cartografía dos solos da zona temperada-húmida de España. MARÍA WONENBURGER, matemática que exerceu de investigadora científica nos EE.UU. e o Canadá. Foi experta no campo da álxebra matemática. ÁNGELA RUÍZ ROBLES, mestra e inventora galega precursora do libro electrónico ou e-book. OLIMPIA VALENCIA, foi a primeira médica galega. Especializouse en xinecoloxía.