Repaso Lingua Galega 1ºT 2ºESOOnline version Con esta ruleta de palabras repasarás os coñecementos adquiridos durante o primeiro trimestre. ¡Ánimo que ídelo facer xenial! by IES As Bizocas A B C D E F G H I K L M N O P Q R S T U V X Z Comeza por A O ... emprégase para sinalar a sílaba tónica dunha palabra. Contén B Os ... son palabras invariables que poden usarse para indicar tempo, modo, dúbida... Comeza por C As... fórmanse pola unión das preposicións a, con, de, en... cos artigos o, a, os, as (por exemplo: con + a, en + os...) Comeza por D O acento... emprégase para diferenciar dúas palabras que son iguais, pero teñen un significado diferente. Comeza por E As palabras cuxa sílaba tónica é a antepenúltima e levan acento sempre chámanse... Contén F O castelán ou o español ten a consideración de lingua ... en Galicia. Comeza por G As palabras cuxa sílaba tónica é a penúltima e levan acento cando non rematan en vogal nin en n ou s chámanse... Comeza por H A aparición de dúas vogais seguidas nunha palabra que se escriben e pronuncian en sílabas diferentes chámase... Contén I Palabra grave con ditongo decrecente, é un alimento líquido de cor branca que se emprega para elaborar queixo, iogur... tamén se pode consumir ao natural. Comeza por K Palabra grave con hiato, animal mamífero que vive en Australia e aliméntase de follas de eucaliptos. Comeza por L Chámanse ... a aquelas palabras que acollemos do latín e mantemos a súa forma (sen traducir ao galego). Comeza por M As linguas que son faladas por un número reducido de persoas chámanse linguas... Contén N As linguas... son aquelas que, ao convivir con outra lingua, vén reducido o seu prestixio social e usos limitados a contextos informais. Comeza por O A lingua que representa oficialmente a un país chámase lingua... Comeza por P O ... é un fenómeno que aparece cando unha persoa é capaz de falar ou dominar dúas ou máis linguas Comeza por Q Os dígrafos son a unión de dúas letras para formar unha soa, como por exemplo o dígrafo ll, o dígrafo ch ou o dígrafo... Comeza por R Unha lingua ... é aquela que procede do lat¡ín, como a lingua galega. Comeza por S Os ... son palabras variables que serven para nomear animais, persoas, obxectos ou lugares... Comeza por T A unión de tres vogais que se pronuncian e escriben na mesma sílaba chámase... Comeza por U O ditongo é a ... de dúas vogais que se pronuncian e se escriben na mesma sílaba. Comeza por V Os ... son palabras variables que indican accións. Contén X As linguas ... son aquelas que teñen un gran prestixio social e recoñecemento oficial e úsanse en medios de comunicación, na administración ou no ensino Contén Z Palabra con ditongo homoxéneo que representa a cor do mar, do ceo... (en plural).