O corpo humanoOnline version Rosco co vocabulario das partes do corpo humano. by Mila Celeiro A B C D E F G H I L M N O P Q R S T U V X Z Contén A Como se chaman os dedos dos pés? Comeza por B Sinónimo de labios Comeza por C Parte das extremidades inferiores do ser humano que vai desde a cadeira ata o xeonllo e onde se encontra o fémur. Contén D Parte exterior da articulación do brazo co antebrazo. Comeza por E Parte superior do pé. Comeza por F Parte superior da cara, comprendida entre as cellas e a raíz do pelo, e que vai dunha tempa á outra. Contén G Cicatriz arredondada que teñen os mamíferos no medio do ventre, como resto do cordón umbilical. Contén H Cerrar e abrir rapidamente [un ollo ou os dous] unha ou máis veces, para facer algún sinal ou dar a entender algo. Contén I Parte baixa do lombo das persoas situada á altura dos riles. (En masculino plural) Contén L Bordo superior, curvo e saínte, da órbita do ollo, e conxunto de pelos que o cobren para a protección do propio ollo. Comeza por M Cada unha das partes da cara que sobresaen debaixo dos ollos. Comeza por N Parte saínte dos ósos que forman a articulación da perna co pé. SINS. artello, tornecelo Contén O Parte posterior do corpo humano que vai dende os ombreiros ata o van. Comeza por P Punto onde o brazo se articula coa man. Comeza por Q Parte da cara que está entre a boca e o pescozo, especialmente a punta en que termina. Contén R O primeiro e máis groso dos dedos da man. SINS. cachapiollos, matapiollos Comeza por S Parte posterior dos xeonllos. Contén T (En singular) Nó ou vulto que forman as articulacións dos dedos ao se dobraren. Sin.: cotelo Contén U Parte do corpo onde se une a coxa co ventre. SIN. virilla Comeza por V Estreitamento do corpo humano por riba das cadeiras. SINS. cintura Contén X Porción da mucosa bucal que recobre a base dos dentes. Contén Z Cada unha das partes da cara que quedan ao lado da boca, entre o pómulo e o queixo. SIN. moufa