recursos administrativosOnline version Resposta as preguntas test. Só hai unha opción correcta. by Mery Jo Pumar 1 ¿Qué é un recurso administrativo? a O acto administrativo co que adoita a rematar un procedemento administrativo. b Aquel acto administrativo que decide sobre cuestións cruciais dun procedemento. c Acto polo que se solicita a revisión dunha resolución. d Ningunha resposta é correcta. 2 ¿Cal dos seguintes NON é un suposto de nulidade dun acto administrativo a Actos que teñan un contido imposible b Actos que constitúan infraccións penais ou sexan consecuencia dela c Actos ditados polo órgano competente nesa materia e nese territorio. d Actos que lesionen os dereitos e liberdades que garante a Constitución. 3 ¿En qué supostos un acto é anulable? a Todas as respostas son correctas. b Aqueles actos que incorran en infracións xurídicas ou desvío de poder. c Aqueles actos que carezan dos requisitos formais indispensables. d Aqueles actos que se realice fora de prazo. 4 Non se poderá recorrer un acto cando... a O interesado se opoña a facelo, se funde na ilegalidade do mesmo. b Se funde na ilegalidade dalgunha disposición xeral ou se trate de reclamacións administrativas. c O interesado se opoña a facelo, se funde na ilegalidade dalgunha disposición xeral ou se trate de reclamacións administrativas. d O interesado se opoña a facelo, se funde na ilegalidade do mesmo ou se trate de reclamacións administrativas. 5 ¿En qué consiste a fase instrutora dun procedemento? a En que a administración abre un prazo para que o administrado compareza e recoñeza a súa falta. b E que a Administración dita resolución sancionando si se dan por certos os feitos ou sobreseíndo no caso de que non o sexan. c En que a administración da permiso ao interesado para alegar e practicar probas para tratar de se defender. d Non existe tal fase.