Icon New game New game

ADIÓS...

Slideshow

Poema "ADIÓS RÍOS..." de Rosalía de Castro, por Amancio Prada [https://www.youtube.com/watch?v=tdFHyOL4VJo] ...

Download the paper version to play

Recommended age: 10 years old
27 times made

Created by

Spain

Top 10 results

  1. 1
    00:02
    time
    100
    score
  2. 2
    00:10
    time
    100
    score
Do you want to stay in the Top 10 of this game? to identify yourself.
Make your own free game from our game creator
Compete against your friends to see who gets the best score in this game

Top Games

  1. time
    score
  1. time
    score
time
score
time
score
 
game-icon

ADIÓS...Online version

Poema "ADIÓS RÍOS..." de Rosalía de Castro, por Amancio Prada [https://www.youtube.com/watch?v=tdFHyOL4VJo] ...

by *Ulises Yo Soy
1

Adiós ríos, adiós fontes...

Adiós ríos, adiós fontes;
adiós regatos pequenos;
adiós vista dos meus ollos,
non sei cando nos veremos.

Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto
figueiriñas que prantei;

prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento;

muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras
da igrexiña do lugar.

2

Deixo a veiga...

[01:03] Amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adiós, para sempre adiós!

¡Adiós groria! ¡adiós contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conozo
por un mundo que non vin!

Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
¡Quén puidera non deixar...!

Adiós, adiós, que me vou,
herbiñas do camposanto,
donde meu pai se enterrou,
herbiñas que biquei tanto,
terriña que nos criou.

3

Campanas do Pomar...

[01:55] Xa se oen lonxe, moi lonxe,
as campanas do Pomar;
para min, ¡ay!, coitadiño,
nunca máis han de tocar.

Xa se oen lonxe, máis lonxe...
Cada balada é un dolor;
voume soio, sin arrimo...
Miña terra, ¡adiós!, ¡adiós!

¡Adiós tamén, queridiña...!
¡Adiós por sempre quizais...!
Dígoche este adiós chorando
dende a beiriña do mar.

Non me olvides, queridiña,
si morro de soidás...
Tantas légoas mar adentro...
¡Miña casiña! ¡Meu lar!

4

ADIÓS RÍOS...

educaplay suscripción